Pílulas anticonceptivas 2

Xa sei que aínda que non estean subencionadas pódense seguir empregando pero non todos temos os cartos que valen no seu importe completo, así que por favor, gustaríame que me dixeras algún método anticonceptivo (que non sexa o preservativo) que segundo o teu punto de vista seria adecuado para unha rapaza de 17 anos (por favor, se pode ser unha resposta directa mellor).

Grazas pola tua atención :)

06-09-2013

É difícil dar unha resposta directa sobre o que plantexas a través desta vía, xa que na elección do método anticonceptivo hai que ter en conta diversos factores (estado de saúde, tipo de relacións sexuais, vantaxes e inconvenientes de cada método,…). Non existe un método anticonceptivo universal que se adapte ás necesidades de todas as persoas.

A pílula anticonceptiva é unha boa opción en relación ó prezo (hai determinados compostos hormonais que si que contan con subvención) e á eficacia á hora de previr embarazos non desexados, pero deberías acudir a un servizo médico (o teu médico/a de cabeceira ou o xinecólogo/a) e poderache asesorar sobre o método anticonceptivo máis axeitado para ti. Dende este servizo podemos dar recomendacións xerais ou aclarar dúbidas sobre os métodos anticonceptivos pero ir máis aló non sería axeitado.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.