Que efectos che produce no cerebro aspirar cloretilo? En que momento se pode volver perigoso?

05-11-2016

Os efectos tóxicos adversos máis característicos da inhalación de cloretilo son dermatite de contacto, roxeces, xa que o intenso frío e a conxelación que provoca pode alterar a pigmentación e mesmo queimaduras por frío, se se administra de forma excesiva.

Produce cambios e alteracións no comportamento, sendo as máis frecuentes agresividade, impulsividade e xuízo alterado e nalgúns casos arritmias.

Tamén pode provocar depresión do sistema nervioso, asfixia, convulsións, que poden levar ao coma e mesmo á morte súbita. Xa que induce á hipoxia cerebral, é dicir, reduce drasticamente durante uns instantes o acceso do osixeno ó cerebro. Este, a modo de defensa actúa protocolariamente eliminando rapidamente funciones del sistema nervioso central dando problemas de audición, visión, …

No caso de que aparezan algúns dos anteriores síntomas o máis recomendable é que acuda canto antes ao centro de saúde máis próximo, para que lle sexa administrado algún tratamento de urxencia.