Pílulas subvencionadas

A marca Linelle segue subvencionada?. Por que unhas si e outras non. E cales son as que teñen menor carga hormonal?.

05-09-2013

A marca Linelle segue sendo unha das marcas que conta con financiación do Sistema Nacional de Saúde. Os anticonceptivos que seguen contando con finanaciación son os denominados de segunda xeración, con base de etinilestradiol e levonorxestrel e os retirados son os denominados de terceira xeración compostas por etinilestradiol e drospirenona.

A razón pola algunhas pílulas contan con financiación o e outras non segundo o Ministerio de Sanidade débese a criterios de “sustentabilidade e de optimización de recursos”, xa que os anticonceptivos non financiados, os denominados de terceira xeración “non demostraron ningún beneficio extra sobre os que si o están que xustifique a súa comercialización a un prezo maior” afirman. Pero algunhas asociacións,  como a Sociedade Española de Contracepción, temen que detrás desta medida se agache “un in tento de non financiar a anticoncepción”, xa que pílula é o segundo método anticonceptivo máis empregado en España.

En canto, a cales teñen menor carga hormonal serían as de terceira xeración, xa que supoñen un avance con respecto das anteriores, pero iso tamén vai depender da usuaria e do tipo de pílula que mais se axeite ás súas necesidades.

Para máis información sobre as pílulas que seguen contando con financiación e cales non, preme aquí.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.