Importante.

Hola María, creo que necesito un consello, eu vou facer 3 anos co meu mozo en xulio e fai 9 meses, é dicir en abril de 2015, pediume un tempo e eu dinllo. Pero o que me pasa e que xa pasaron 9 meses e eu aínda vivo co medo de si volve a pasar, e unha sensación rara como que si me costara crer nos seus sentimentos, isto é normal?. Pero, a verdade é que o pasei verdadeiramente mal.

04-01-2016

Estar en parella non é tarefa fácil, por que existen moitas cousas que poden facer que entremos nunha crise, pero un dos motivos máis comúns é a falta de confianza, que é o que che está ocorrer a ti. Cando a túa parella pediu ese tempo de reflexión perdiches a confianza nela e nos seus sentimentos e eses sentimentos aínda che seguen acompañando.

Para volver a recuperar esa confianza deberías deixar de mirar atrás e gozar do momento presente, non te lamentes do pasado, non sigas reprochando vellos erros. Saborea o día a día e reforza aquelas afirmacións positivas que lle fan ben aos sentimentos. Se segues pensando en cousas negativas eses sentimentos pódense apoderar de ti non facendo que desfrutes.

Tamén é fundamental ter as cousas claras, a claridade xera confianza. As dúbidas e os medos non só son unha ameaza para a túa autoestima, senón tamén para a relación. Dúbidas, inseguridades, son posturas que esombrecen a relación e matan a confianza. E a desconfianza, xera aínda máis desconfianza. Nas relacións debemos traballar para que funcionen, solucionar diferenzas e, sobre todo, saber perdoar. Pero perdoar realmente, esquecendo para seguir adiante.

Algúns consellos para recuperar a confianza:

- Do mesmo xeito que a confianza, a comunicación é o outro cimento importante para gozar dunha relación sólida. Fala ca túa parella do que che está a ocorrer, mo´stralle como te sentes, sen medo a súa reacciónm expón o que pensas, así como o teu desexo de volver a confiar e gozar.A relación é de ambos e unidos debedes afrontar o problema e atopar a mellor solución.

- Manter a túa autoestima e a seguridade en ti é fundamental para recuperar de novo a confianza na túa parella. Por exemplo, unha reacción moi frecuente cando unha persoa decátase de que a súa parella lle enganou ou traizoado, é a de experimentar sentimentos de culpabilidade, chegando a pensar que non é ou non fai o suficiente como para agradar á súa moza/ou. Outros en cambio desenvolven un gran orgullo, sentimentos de ira e desesperación. É normal que afloren estas emocións negativas, pero se decidiches volver confiar, deberás tentar deixalas ao carón e centrarte no futuro da vosa relación, valorando as cousas positivas por encima das negativas.

- Unha vez deas o paso e decidido deixar o pasado atrás, non teñas a medo preguntarlle todo o que necesitas día a día para conseguir recuperar a confianza. Nunca deas por feito nada, nin che atormentes con falsas especulacións, se tes dúbidas ou necesitas saber que pensa ou como sente, o normal nunha relación sa é esclarecer os pensamentos mediante o diálogo entre ambos.

- Recuperar a confianza na parella non é algo que sucederá da noite para a mañá, é normal que che leve o teu tempo, polo que non te preocupes se non o consegues de inmediato. Se necesitas reflexionar e analizar o sucedido pois así as feridas curarán e lograrás o teu obxectivo de volver confiar con éxito.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.