Boas María, ¿o sexo so consiste no pracer?

03-06-2012

Boas. A palabra sexo ten dúas afeccións, por un lado son as diferenzas físicas que determinan que unha persoa sexa home ou muller e, por outra banda, sóese identificar con relación sexual con penetración.

Polo que é mellor empregar o termo sexualidade, xa que é mais amplo , e o pracer é unha das dimensións da mesma pero non á única, xa que tamén é: unha fonte de comunicación, unha forma de expresar a afectividade, unha maneira de descubrirse a un mesmo/a e ó outro/a e a satisfacción do impulso sexual.

A sexualidade é .... unha necesidade básica do ser humano, un concepto tan rico e amplo que a veces tentar definila poder ser algo difícil por que para cada persoa pode significar cousas diferentes. Un erro común e centrala nos órganos sexuais pero todo o noso corpo é sexuado, o que implica que podes obter pracer a través de calquera das súas partes.

A sexualidade é .....parte de ti e, ademais, é un valor positivo a coñecer, educar e gozar, desenvolvendo ao máximo as súas posibilidades como medio polo que relacionarte cos/as demais e como fonte de pracer.

Con todo, por ignorancia, falsas crenzas, mitos, ás veces non se coñece nin se goza a propia sexualidade. Ter información e coñecer os recursos cos que podes contar para despexar as túas dúbidas axudarache a vivir a túa sexualidade dunha forma máis satisfactoria, saudable, consciente e responsable. Ter relacións sexuais non significa necesariamente que teña que haber penetración; as caricias, os bicos, os abrazos, os xogos eróticos, tocar e tocarse,... son algunhas das moitas formas de "vivila". O principal órgano sexual é a túa cabeza.

Tes que estar seguro/a do fas, con quen che apetece e cando che apetece ca información suficiente; xa que o modo en que sentes e practicas a túa sexualidade afecta á túa vida e á túa saúde, pero tamén á dos demais. Teno en conta, e vive a túa sexualidade dunha forma sa e responsable. A sexualidade ofréceche moitos beneficios, pero tamén che suscita algúns riscos: embarazos non desexados, enfermidades de transmisión sexual, posibles "raiaduras" de coco... infórmate ben, e logo: DECIDES.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.