Pílula do día despois

A pílula do dia despois pode retrasar a regra?. Eu teño ciclos irregulares, pero quería saber si a pílula pode retrasala máis

03-04-2014

Un dos efectos secundarios da pílula poscoital é a alteración do ciclo menstrual, polo que, é habitual que apareza un leve sangrado similar ó menstrual con menor duración e a destempo (fora dos días nos que se esperaba a seguinte regra).

Un dos mecanismos de acción desta pílula é que impide a implantación do óvulo na parede do útero e, para iso, expulsa o endometrio (capa máis interna do útero que se forma e expulsa en cada menstruación) que xa se formou da mesma maneira que ocorre en cada período, polo cal aparece o sagrado.

Tamén ó ser un sangrado debido ós efectos das hormonas soe cambiar a aparencia, como cando se toma a pílula anticonceptiva diaria. O máis probable é que a próxima menstruación non che chegue na mesma data, poderá chegar nunha data posterior. Tampouco esperes con ansiedade o próximo período, xa que esa angustia pode facer que se retrase a menstruación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.