enton o liquido pre seminal pode traspasar o latex?

02-05-2015

Non, nin o líquido preseminal nin os espermatozoides van atravesar o látex, o que nós che queríamos explicar e que o riscos poden vir derivados dunha mala colocación do preservativo ou ben de levar a cabo certos xogos eróticos, é dicir, en moitas ocasións lévanse a cabo penetracións vaxinais e non se coloca o preservativo ata o último instante,(xusto previo á exaculación).

Entón nós apuntábamos que nestes xogos previos se non está colocado o preservativo, existe igual certo risco de embarazo posto que o líquido preseminal contén igualmente espermatozoides.

Agardamos que a resposta axude a resolver as túas dúbidas de non ser así non dubides non dubides en volver a poñerte en contacto con nós.

Grazas.