Dubida de anticonceptivos

Hola o dia 29 de abril veume a regla e deixin de tomar a pildora e o 22 de maio (creo que no estaba ovulando)meu mozo meteume o pene unhas cantas veces pero no chegou a exacular e a ultima exaculacion fora o dia anterior pero con preservativo e bueno o caso e que a regla teria que haberme baixado o 29 e no me baixou e teño os sintomas de todolos meses dolor a altura dos riñons e dolor de ovarios o retraso podera deberse a suspension da pildora?grazas e un saludo

01-06-2015

Non nos é posible dar unha resposta concreta por que a única maneira de confirmar un embarazo é mediante unha proba específica.

En canto o retraso da regra pode ser debido a outras circunstancias, non só por estar embarazada. O ciclo menstrual pode verse afectado por múltiples factores coma cambios na alimentación e no ciclo sono-vixilia, situacións de ansiedade (por exemplo: se está nerviosa e preocupada ante a posibilidade dun embarazo). Tamén pode ocorrer que os teus ciclos mentruais sexan irregulares normalmente, pero mentres estabas tomando os anticonceptivos estaban máis regularizados.

Sería recomendable que fixeras unha proba de embarazo para saír de dúbidas: pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo á nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Os test de embarazo miden o nivel de hormona HCG (gonadotropina coriónica humana) que comeza a segregarse cando ó ovulo fecundado se implanta no útero (un óvulo fecundado tarda o redor de 7 días en baixar das Trompas de Falopio e chegar ó útero). Hai que ter en conta que a cantidade de hormona producida depende de cada muller, polo que algunhas mulleres poden detectar o embarazo antes que outras. Estímase que nos test de ouriños é posible detectala ó redor do día 14 despois da posible fecundación, pero isto vai depender da proba que se empregue, é máis fácil detectala nun test de sangre (ten que realizalo un médico/a).

Para que o resultado da proba de embarazo sexa totalmente fiable recoméndase facela 5 días despois da primeira falta da regra.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.