¿A que se pode deber a falta da regra durante tres meses?

Tiven relacións co meu mozo fai case 3 meses xusto un día ou dous despois de ter a regra, non usamos preservativo pero el exaculou no baño e so estivemos 10 minutos mais ou menos. O problema e que días despois entroume o medo de estar embarazada e faleino con el, el díxome sempre moi seguro que non me preocupase que non ía a estalo, fixen un test de embarazo dúas semanas despois e deume negativo pero dende entón non teño a regra.

01-05-2010

O ciclo menstrual pódese alterar por moitas circunstancias  (situacións de estrés, cambios na alimentación,....) dependendo da persoa, por iso hai que valorar cada caso en particular.

En canto ó risco de embrarazo, cando se manteñen relacións sexuais sen protección aínda que se exacule fora da vaxina existe risco. Durante a penetración o pene segrega o líquido preseminal, cantidade que vai aumentando ca excitación, especialmente en momentos previos a exaculación.

O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación, pero non debemos esquecer só fai falla un espermatozoide para que se fecunde un óvulo. Polo tanto, si que existe risco de embarazo se houbo penetración ou contacto deste coa vaxina, se non se empregou axeitadamente un método anticonceptivo.

No teu caso recomendámosche que volvas repetir o test de embarazo e se é negativo vai o teu médico/a de cabeceira para que che remita o servizo de xinecoloxía para facer unha analítica hormonal e, así podes saber se existe algunha alteración que estea a influír nese retraso.

Esperamos que esta información che sexa útil, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco (tanto por esta vía como se queres acercarte ó noso local ou chamarnos, para poder darche información más personalizada para o teu caso). Grazas.