SON OS CONSUMOS O PROBLEMA, OU A CONSECUENCIA DO QUE NON SE VE?

Consumos causa ou consecuencia?

08/08/2025

Os consumos de substancias e outras conductas adictivas (xogo en liña, apostas, compras compulsivas), veñen a complicalo todo, pero non son a CAUSA, senón que, na maioría das ocasións, son unha consecuencia. Se non se analiza o que hai detrás, todo o que se faga ó respecto quédase curto. 

Pepe (nome fictício) sempre creu que o problema era el, que non tiña forza bastante, que se non podía deixar os consumos era porque algo dentro del estaba mal. Tamén era a idea que as demais persoas lle transmitían; pero o que ninguén se detivo a pensar é que o seu consumo tiña unhas raíces moi profundas que viña arrastrando dende había moito tempo: unha infancia difícil, moitas cousas sen falar e unha soidade que non sabía afrontar.

Esta historia póde ser tamén a de María, Lola, Lois, Miguel, Antía, Uxía...

Durante moito tempo estívose repetindo que os consumos eran un tema de forza de vontade, co que automáticamente á persoa consumidora se lle atribúe unha personalidade "débil" e con pouca personalidade para rexeitar os consumos. Dábase por feito que a persona que se engancha "elixe mal" ou "perde o control con facilidade", recurrindo así a explicacións rápidas e incompletas que ademais xeran certa estigmatización sobre as persoas consumidoras; pero hoxe en día os estudos científicos amosan que os consumos de substancias non son a orixe do problema, senón un intento de calmalo.

ENTÓN, CAL É O PROBLEMA?

As conductas adictivas e consumos non se manteñen non tempo só polo pracer, ó principio sí, pero co paso do tempo, esa sensación inicial perde intensidade, sen embargo, o desexo de continuar empregándoa segue presente, máis forte incluso en moitas ocasións. A dopamina, substancia do cerebro que xera pracer, ten máis que ver co impulso que co querer, por iso, incluso cando a substancia xa non está ligada a bos momentos o corpo "cerebro" sigue demandándoa. Entón, que pode estar detrás dos consumos e demais conductas adictivas? Cando se deixan de lado as etiquetas e analizan de preto e de xeito individual os consumos de substancias, case nunca, se deben unicamente á substancia. Hai varias razóns que están na súa orixe e, de non tratarse, o manteñen; entre elas as seguintes:

  • Infancia con feridas abertas

Moitos casos de consumos de substancias e outras conductas adictivas están ligados a experiencias moi duras vividas na infancia: abandono, violencia, abusos, soidade, proxenitores emocionalmente ausentes. Cando non hai unha base estable ou espazo seguro onde apoiarse, é máis dóado que apareza a necesidade de fuxir dalgunha maneira. As conductas adictivas ofrecen unha vía de escape rápida a esa situación.

  • Problemas de saúde mental

A depresión, ansiedade, TDAH, cambios de ánimo extremos inflúen decisivamente. Moitas persoas comezan a consumir como medio para reducir o seu "ruído mental", calmar as emocións que non saben manexar, afrontar conlictos. Recorren a estas conductas adictivas (consumos, xogo en liña, pronografía, apostas, compras compulsivas), porque por un intre funciona, pero o prezo a longo prazo é moi alto e arriscado.

  • Entorno que afecta

Non é o mesmo crecer nun ambiente donde hai contención, diálogo e afecto; que facelo rodeado de consumo, pelexas ou presión constante. Sumado a todo o anterior, falta de oportunidades, estrés mal xestionado, non ter con quen falar é un caldo de cultivo que favorece o posterior desenvolvemento de conductas adictivas.

  • Idade na que se comeza

Canto máis cedo sexan os comezos, máis complicado será deixalo posteriormente. Durante a etapa da adolescencia o cerebro aínda está en formación, especialmente nas partes que axudan a tomar decisións e ter en conta as consecuencias a longo prazo.

  • Factores xenéticos

A xenética non é determinante, pero pode aumentar a predisposición. De feito, hai familias nas que o consumo se repite, non só polo que se ve, senón polo xeito de funcionar o cerebro.

Polo tanto, cando se comeza a mirar con profundidade as conductas adictivas, é posible pensar en formas máis efectivas de acompañar e comprender este proceso; para isto deberíase deixar de sinalar e comezar unha escoita activa e atender a saúde mental no seu conxunto, xa que o feito de "deixar o consumo" non é suficiente.

FONTE: Clínicas Cita