Se a nai fuma, aumenta o risco de infarto no fillo/a

Muler en estado de xestación

29/06/2011

Coidar dos fillos/as non é unha tarefa que empeza unha vez nacen, senón que os pais e nais poden ser directamente responsables da saúde dos seus fillos/as mentres estes/as se desenvolven no útero materno. Así, a problemas como o baixo peso do fillo/a, o parto prematuro ou os trastornos neurocognitivos, todos eles asociados co hábito de fumar das mulleres embarazadas, agora, segundo os datos dun estudo, engádeselle a redución nos fetos dos niveis de lipoproteínas de alta densidade (HDL), máis coñecidas como o colesterol “bo”.

Desta forma, o traballo afirma que "as nais fumadoras causan un cambio no desenvolvemento dos seus bebés, xa que a nicotina dos seus cigarros afecta os niveis de HDL, o que fai que estes nenos/as teñan entre un 10% e un 15% máis de posibilidades de desenvolver unha enfermidade coronaria na súa vida adulta", explica David Celermajer, profesor de Cardioloxía da Universidade de Sydney (Australia) e director do estudo.

Para chegar a estes resultados, os investigadores/as australianos examinaron os efectos do tabaquismo materno durante o embarazo nun grupo de 405 nenos/as de oito anos de idade aos que, antes do seu nacemento, inscribíraselles nun ensaio controlado aleatorio. Desta forma, os autores/as recolleron datos sobre como se criaron, os hábitos fumadores das nais antes e despois do parto, a exposición dos nenos/as ao fume do tabaco, a súa masa corporal ou a presión arterial, ao que engadiron diferentes tomas de sangue para medir os seus niveis de lipoproteínas.

Os resultados, publicados en European Heart Journal, indican que "tras separar a que causas se podían deber estes resultados, observouse que o descenso de colesterol “bo” atribuíble directamente ao tabaquismo materno é de 0,15 mmol/L", explicou o doutor Celermajer.

Un pequeno descenso, pero un grave risco

"Esta cifra, que podería parecer pequena, en realidade ten un grave impacto na saúde destes nenos/as cando sexan adultos", aseverou en director do estudo, "xa que predispón a un ataque ao corazón ou un accidente cerebrovascular máis tarde", explican. Menos pequena parece cando os investigadores/as sinalan que "a prevalencia do hábito de fumar durante o embarazo segue sendo alta, en torno ao 15% na maioría dos países occidentais".

Para o doutor Pedro Mata, presidente da Fundación Hipercolesterolemia Familiar, estes datos reafirman algunhas sospeitas que xa se tiñan sobre o daniño da nicotina tamén no colesterol. "Con estes datos ábrese unha nova vía de estudos que preveñan ás mulleres do insalubre que resulta o cigarro. Até agora sabíase que a nicotina e outras sustancias do tabaco aumentaba en ton simpático (a adrenalina) e os niveis circulantes de acedos graxos libres, que son un substrato que fai que o fígado fabrique máis colesterol “malo”' e triglicéridos, mentres que descende o nivel das lipoproteínas de alta densidade (HDL), o que leva a sufrir maiores riscos cardiovasculares", comenta.

"Moitos estudos anteriores demostraron que se se aumenta o colesterol “bo” nun 0,025 mmol/L hai unha redución aproximada do 2% ao 3% no risco de sufrir unha enfermidade coronaria. Se extrapolamos este dato aos nosos resultados obsérvase que aqueles nenos cuxas nais fumaron durante o embarazo teñen entre un 10% a un 15% máis de probabilidades de sufrir este tipo de enfermidades respecto daqueles cuxas nais non fumaban", aseguran os autores/as do estudo.

"Agora o importante é descubrir se este efecto dura ao longo do tempo, aínda que ben é certo que o sistema metabólico ten tamén memoria, é dicir, os malos hábitos van deixando unha pegada que se pode reverter neste tipo de enfermidades coronarias" explica o doutor Mata.

Por iso, os autores/as apuntan a importancia de "vixiar a estes nenos/as e tentar que non desenvolvan outros factores que lles leve a un infarto. Hai que limitar os riscos", conclúen desde a Universidade de Sidney.

 

FONTE: O Mundo Saúde