Programas de tratamento terapéutico, rehabilitación e Inserción Social.
23/06/2026
O Programa de Información e Asesoramento Psicolóxico e Legal comezou no ano 2.004 e conta con dúas técnicas para o seu desenvolvemento, unha psicóloga e unha asesora xurídica, responsables de cada unha das áreas (psicolóxica e legal).
Área psicolóxica: na que se desenvolve unha labor de información e asesoramento acerca das consecuencias derivadas do uso, consumo prexudicial ou dependencia de substancias, condutas adictivas sen substancia (ludopatía, compras compulsivas, abuso das novas tecnoloxías), condutas sexuais de risco e patoloxía VIH-SIDA, dispoñendo do servizo de detección precoz do VIH- VHC (realización da proba rápida no fluído oral).
Área legal: realízase un asesoramento personalizado coas persoas que presentan unha patoloxía de condutas adictivas e con problemas legais e coa súa familia, informándolles e asesorando sobre a súa situación legal e/ou penitenciaria. Destacar que non existe outro recurso destas características, que aborde esta problemática específica no noso ámbito de actuación (municipios de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son).


