PORQUE AS MENSAXES DE ODIO MARCAN

STOP mensaxes de odio

19/06/2025

A oficina do Parlamento Europeo en España e  Fad Xuventude (Fundación de Axuda contra a Drogadicción) lanzaron unha campaña para contrarrestar o Discurso do odio.

Esta iniciativa busca alertar sobre os efectos psicolóxicos e sociais do odio dixital e fomentar unha cidadanía que teña un pensamento crítico e dende a empatía. Máis da metade da xuventude sufriu discursos de odio en internet, e un 61% tivo que bloquear algunha vez perfís por recibir insultos, mensaxes de odio ou ser víctimas de acoso.

O que pasa nas redes non se queda nas redes. O odio marca, por exemplo, en España, o 50,1% das persoas máis novas entre 15-29 anos sufriu discursos de odio no último ano. Ademais, o 61,1% bloqueou algunha vez perfís tras recibir insultos, mensaxes de odio ou sufrir acoso.

Dende o Parlamento Europeo detectaron un incremento dos discursos de odio e delitos de odio durante os últimos anos. Unha tendencia que se magnifocou no entorno dixital, pero cuns efectos que van máis alá e teñen un impacto na vida real das persoas que o padecen. Nun momento no que as democracias do mundo se ven ameazadas pola desinformación, e os discursos de odio, consideran que se lles debe poñer un cerco de xeito firme. Este odio non se queda exclusivamente nas redes sociais, deixa secuelas psicolóxicas nas víctimas e, sobre todo, xera medos.

Moitas persoas optan por calar, autocensurándose para protexerse, e eso abre un espazo a quenes difunden eses discursos de odio, non son suficientes as respostas individuais, precísase unha resposta colectiva que aborde á súa vez as causas estructurais que discriminan a certos colectivos. Polo tanto, é responsabilidade de toda a sociedade construir espazos dixitais sas e xustos, traballando na prevención do discurso de odio con víctimas, potenciais persoas agresoras e tamén coas persoas que observan sen intervir.

UNHA MOCIDADE QUE CONVIVE CO ODIO... E O NORMALIZA

O 50,1% da mocidade entre 15-29 anos foi víctima de discursos de odio no último ano, especialmente por motivos de raza, xénero, orientación sexual ou ideloloxía. Cando se trata de delitos de odio tipificados, só 1  de cada 10 víctimas chega a denunciar, o que revela unha elevada cifra oculta e unha preocupante normalización destas agresións.

FONTE: Fad Xuventude