Os/as adolescentes con <abbr title="Trastorno de Déficit de Atención por Hiperactividade">TDAH</abbr> consumen máis tabaco, alcol e outras substancias aditivas

Pés dun rapaz camniñando por unhas pedras

13/02/2013

Investigadores/as da Universidade de Pittsburgh (EE.UU.) monitorizaron a un total de 600 nenos/as durante un período de oito anos, dende a infancia á adolescencia, comparándoos cun grupo de control con nenos/as das mesmas idades non afectados/as por TDAH (Trastorno de Déficit de Atención por Hiperactividade).

A hipótese de base do estudo era que os nenos/as con TDAH teñen un maior risco de abuso ou adicción de drogas, alcol ou tabaco durante a adolescencia. Analizaron as súas pautas de consumo de tabaco, alcol ou drogas e a relación entre medicación e abuso de drogas e outras substancias.

Do mesmo extraeron as seguintes conclusións:

- O 35% dos afectados/as de TDAH probaran algún tipo de substancia aditiva cunha idade media de 15 anos, en comparación cun 20% de adolescentes sen antecedentes de TDAH.

- Un 10% dos afectados/as de TDAH padecían algún tipo de trastorno aditivo, en comparación con só un 3% de adolescentes sen TDAH.

- Cando os/as adolescentes tiñan unha idade media de 17 anos, un 13% consumía habitualmente ou era adicto/a á marihuana, cando tan só un 7% dos “non-afectados/as” por TDAH tiñan o mesmo problema.

- Un 17% dos/as adolescentes pertencentes ao grupo con TDAH tiñan un nivel de consumo de tabaco moi elevado (só un 8% de adolescentes sen TDAH tiñan o mesmo nivel de adicción ao tabaco).

- Pola contra, tanto o grupo con TDAH como o grupo non afectado tiñan niveis de abuso de alcol moi altos.

Unha conclusión especialmente relevante foi que os niveis de adiccións e de consumo de tabaco, alcol ou drogas mantíñase nos mesmos niveis tanto en nenos/as afectados/as por TDAH que se medicaban como en nenos/as con TDAH que non seguían ningún tipo de tratamento farmacolóxico.

Os científicos indican que os maiores índices de consumo de alcol, tabaco ou drogas poderían estar asociados á maior impulsividade e maior fracaso escolar dos nenos/as con TDAH. Como tamén ocorre coa xestión da hipertensión ou a obesidade, non todas as solucións son médicas: pais/nais e persoal escolar tamén deben colaborar na identificación e prevención de factores de risco.

Fonte: As drogas info.