OLLO COAS "FAKE NEWS"

Novas Falsas

14/05/2026

Antes de nada precisamos aclarar de que imos falar. As "Fake News" son novas falsas, información manipulada que poden atoparse nas redes sociais e que, a miúdo, se viralizan pola súa difusión masiva.

A desinformación e os bulos van máis aló da mentira, ameazan a convivencia, a confianza pública e promoven a polarización. Non se debe esquecer que na actualidade as redes sociais esfórzanse para que os seus algoritmos ofrezan un contido persoalizado en base ós gustos e intereses de cada persoa, isto facilita a polarización do pensamento, e a difusión destes bulos e novas falsas.

Según o Estudo sobre o impacto das Fake News en España, elaborado pola Universidade Complutense de Madrid, un 86% da poboación española ten dificultades para distinguir entre noticias reais e informacións falsas. Os datos amosan tamén que as noticias falsas compártense máis rápido e xeran maior número de interaccións ca os contidos fiables. A miúdo, compártense este tipo de publicacións porque chaman máis á atención ó espertar emocións como a indignación nas persoas que as len, pero é preciso saber que xerar un bulo sobre calquer tipo de información (en especial as que se refiren a cuestións sanitarias ou alertas policiais) pode supor un delito que conleva importantes sancións económicas e incluso penas de prisión para os casos máis graves.

COMO IDENTIFICAR NOVAS FALSAS?

  • Teñen un titular moi espetacular e alarmista, xeralmente inclúen signos de exclamación, maísculas mal empregadas e xeran expctativas con feitos inacabados.
  • Conteñen erros ortográficos e de redacción, xunto con enlaces a páxinas sospeitosas.
  • A miúdo, tratan temas tabú e de catástrofes.
  • Non se indica a data de publicación.
  • Presentan ventás emerxentes con publicidade excesiva.
  • Non indican as fontes de información.

PARA EVITAR CAER NA DESINFORMACIÓN:

  • Non deixarse levar pola emoción inicial, ler a nota completa e se os datos xeran dúbida evitar compartir.
  • Antes de compartir asegurarse da súa veracidade, observar que outros medios están tratando o tema.
  • Quen o dixo?, Cando?, Que fontes de información o respaldan? É importante que teña data de publicación e autor.
  • Comprobar os links e citas textuais, poñendo en dúbida as novas sen referencias ou declaracións.
  • Demasiada publicidade para poder ler a nova? OLLO, as noticias falsas tamén son un negocio, non caiades na trampa.
  • Verificar que a páxina web na que atopas a nova sexa confiable; os sitios web que comezan con "https://"  garanten unha conexión segura, ademais amosan un candado ó carón da dirección da páxina.

FONTE: Redes con Corazón.