OLLO! AS ITS NON SON ALGO DO PASADO

11/06/2025
Sanidade lanza unha nova campaña para a prevención das ITS (Infeccións de Transmisión Sexual), o Centro Nacional de Epidemioloxía das Infeccións de Transmisión Sexual en España, entre o 2021 e 2023, detectou como a infección gonocócica creceu nun 42% e a sífilis nun 24,1%.
Para unha meirande parte da mocidade as ITS son algo do "pasado" e esta falsa sensación de seguridade provoca que baixen a garda e se banalice a problemática. A nova campaña de prevención dirixida á poboación máis nova, céntrase na concienciación sobre as infeccións de transmisión sexual (ITS) e a promoción dunha sexualidade saudable. A pesares de que, as ITS están afectando especialmente á poboación máis moza, esa mesma poboación non se sente interpelada, existindo unha gran disonancia entre a percepción de risco e a realidade epidemiolóxica, sendo esa disonancia o terreo perfecto para seguir propagándose.
Un dos principias retos que aborda esta iniciativa é o imaxinario colectivo que rodea estas infeccións, para unha gran parte da mocidade, as ITS son algo do pasado, vinculado a outras xeracións, ou a grupos sociais alleos ós deles. A miúdo, asocian estas infeccións a determinados estereotipos que xa non se corresponden coa realidade, como asocialas a entornos marxinais ou a prácticas de risco específicas; xerando unha falsa sensación de inmunidade, o típico "a min non me vai pasar".
A campaña quere poñer o foco nas prácticas máis habituais que, por basearse na confianza, poden xerar unha menor percepción de risco. En moitas ocasións, cando hai confianza, baixan a garda, pensando que o feito de que a persoa lles caia ben, teña valores parecidos ós seus ou forme parte do seu círculo máis cercano, lles asegura unhas relacións sen risco, PERO non se debe esquecer que estas circunstancias non aportan seguridade plena e NON significa que non poidan ser persoas portadoras dunha ITS, aínda que non o saiban.
Outro aspecto clave que se aborda é o da ausencia de síntomas, posto que moitas veces no dan sintomatoloxía, pódese ter unha ITS, non notar nada, e mentres tanto, estar contaxiando sen sabelo. Isto pasa moi a miúdo con infeccións com a clamidia ou a gonorrea, que poden estar durante semanas sen dar sinais. Por iso é tan importante facer as probas no caso de manter relacións sexuais sen protección, aínda que crean ter todo baixo control
FONTE: Ministerio de Sanidade