O Goberno planea restrinxir o consumo de alcol en adolescentes

Rapaces

07/01/2013

O delegado do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas, Francisco de Agarrades Babín, defendeu a semana pasadas a creación dunha "normativa garantista" que limite o acceso dos/as adolescentes ao alcol, tras o éxito cultivado coa Lei antitabaco.

Nunha entrevista radiofónica, Babín destacou a importancia de que a sociedade "recapacite, do mesmo xeito que fixo co tabaco, respecto ao consumo de alcol" por parte da mocidade, e avogou por pór "barreiras e límites" á accesibilidade desta sustancia co fin de evitar que se siga producindo un "consumo compulsivo de alcol".

Neste sentido, o delegado do Goberno nesta materia asegurou que os bos resultados da Lei antitabaco (houbo un descenso de "máis do 25%" da venda de cigarros) débense ao "debate social" xerado, xa que, entre outras cousas, facilitou un "aumento da percepción de risco que comporta fumar por parte dos/as adolescentes".

"A sociedade tamén debe exporse cal é o consumo de alcol que quere para os/as adolescentes. Nós defendemos un consumo cero, porque cremos que polo efecto que ten na maduración do sistema nervioso central non se debería consumir. Por iso, estamos en condicións de producir unha normativa garantista que limite o acceso de alcol por parte dos/as adolescentes. Xerar este debate é moi necesario, como se demostrou en relación co consumo de tabaco", argumentou.

Fonte: As Drogas Info