O consumo de alcohol aumenta entre os/as escolares

Portada do informe

06/03/2014

Segundo os datos que recolle a Enquisa Escolar sobre Uso de Drogas en Estudantes de Ensinos Secundarios (ESTUDES) 2012-2013 o consumo de alcol entre os/as escolares de entre 14 e 18 anos aumentou nos últimos dous anos. A pesar deste aumento, sobe lixeiramente a idade de inicio no consumo de bebidas alcohólicas, que se sitúa nos 13,9 anos. Tamén se confirma a tendencia descendente no consumo de cannabis, que se reduciu nun 36% desde 2005 entre os/as escolares.

Desde o Plan Nacional sobre Drogas volveuse a subliñar a aposta do Goberno por previr o consumo de alcol entre os/as menores, alertou do arraigamento do fenómeno do “botellón” entre os/as menores e da elevada frecuencia das bebedeiras e dos atracóns de bebidas alcohólicas, cuxo uso se está xeneralizando.

A enquisa inclúe unha mostra de 27.500 estudantes de entre 14 a 18 anos, de 750 institutos ou centros de formación profesional públicos e privados de toda España. A delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas realiza cada dous anos este estudo desde 1994, que revela as tendencias do consumo de drogas entre os/as escolares españois.

Algúns dos principais resultados deste estudo son os seguintes:

  • O alcol e o tabaco, seguidos do cannabis seguen sendo as drogas máis consumidas polos/as estudantes españois. Séguenlle, por esta orde, hipnosedantes (con e sen receita), cocaína, éxtase, alucinóxenos, anfetaminas, inhalables volátiles e heroína, que se sitúa en último lugar.
  • O 81,9% dos/as estudantes di consumir alcol no último ano, “unha cifra moi alta que reflicte a magnitude do problema ao que nos enfrontamos”, en opinión do delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas; así mesmo, o 35,3% consumiu tabaco no último ano, o 26,6% cannabis, o 11,6% hipnosedantes, a 2,5% cocaína, o 2% alucinógenos, as 1,7% anfetaminas e a 0.7 % heroína.

 

Porcentaxe de consumidores de drogas no último ano, segundo sexo (ESTUDES, 2012/2013)

 

Táboa: Porcentaxe de consumidores/as de drogas no último ano, segundo sexo (ESTUDES, 2012/2013)

  • Con respecto ao xénero, os datos desta enquisa demostran que o consumo de tabaco, alcol e hipnosedantes está máis estendido entre as mulleres. A pesar diso, os homes que consomen alcol ou tabaco fano con maior intensidade que as mulleres. En cambio, o consumo do resto de sustancias (cannabis, cocaína, alucinóxenos, anfetaminas ou heroína) está máis estendido entre os homes.
  • Por tramos de idade, obsérvase un salto considerable entre os 14 e 16 anos no consumo do tres drogas de maior prevalencia (alcol, tabaco e cannabis). No caso do alcol, aos 14 anos o 63% dos/as estudantes consumiuno algunha vez no último ano. Aos 16 anos, o 84% xa o consumiu, o que supón un aumento de 21 puntos porcentuais. O mesmo sucede cos psicoestimulantes como cocaína, éxtase ou anfetaminas: a maior extensión do consumo prodúcese entre os 16 e os 18 anos.
  • A idade media de inicio permanece estable en todas as drogas e oscila entre os 13 e os 16 anos, segundo as sustancias. Sobe lixeiramente a idade de inicio do alcol, que se sitúa nos 13,9 anos de media (fronte aos 13,7 da anterior enquisa). A pesar diso, continúa sendo unha idade de inicio moi temperá.
  • O policonsumo é cada vez máis frecuente entre os mozos/as, tanto en España como en Europa. No noso país, de cada 10 estudantes, 4 son policonsumidores (consomen dous ou máis sustancias).
  • O papel dos amigos/as é outro dos aspectos que pon de manifesto esta enquisa. As prevalencias de consumo de calquera droga son maiores entre os/as escolares que perciben un maior número de amigos consumidores desta mesma sustancia. Por exemplo, dos enquisados/as que din que todos ou a maioría dos seus amigos consome alcol, o 89% tamén o consome. Con todo, dos que din que poucos/as ou ningún dos seus amigos bebe alcol, só o consome o 46%.
  • Os estudantes de entre 14 e 18 anos perciben o alcol como a sustancia menos perigosa e consideran que o tabaco é máis perigoso que o cannabis.

Fonte: Plan Nacional sobre Drogas