MÓLLATE O XUSTO! Sempre chuvasqueiro

Móllate o xusto!

19/07/2021

Dende a Asociación Renacer xunto coa Confraría da Dorna ponse en marcha, un ano máis, a campaña de prevención de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados baixo o lema: " Móllate o xusto! Sempre chuvasqueiro.

A pesares de que as actividades desta LXXXIII Sinjladura volven estar sometidas ás restriccións derivadas da situación pandémica provocada pola COVID-19, dende a Confraría da Dorna queren que ese espíritu dorneiro se manteña vivo e para iso van celebrar actos de conmemoración o día 24 de xullo; por iso cremos pertinente e necesario que a campaña de sexo seguro se leve a cabo de novo como xa ven facendo dende hai uns cantos anos nos que mantemos unha estreita colaboración.

O obxectivo da campaña é sensibilizar á poboación, en especial á mocidade, acerca da importancia de manter unhas relacións sexuais con protección. Para iso deseñáronse uns carteis e farase o reparto de 3500 preservativos co lema da campaña; éstes serán distribuídos polos membros da Confraría da Dorna durante os actos que van levar a cabo durante o 24  de xullo na rúa e no punto de venda de sudadeiras.

Ademais, co fin de darlle unha maior difusión á mensaxe da nosa campaña tamén se levou a cabo a distribución de carteis entre os bares (fanequeiras colaboradoras), centros de saúde e outras asociacións nas que tamén se fixo reparto de preservativos entre as persoas usuarias.