" Menores: dos videoxogos ás apostas deportivas"

Cartel WEB

05/06/2019

Na actualidade é evidente a preocupación social que está a suscitar o xogo e as apostas deportivas entre os/as menores de idade, unha práctica que vai en aumento e que cando xa comeza na etapa da adolescencia a probabilidade de que se converta nunha ludopatía na vida adulta multiplícase por catro.

Como primeiro paso para tentar afrontar esta problemática, realizamos neste curso escolar 2.018/2.019, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, un estudo que nos permite coñecer a día de hoxe en que medida o problema do xogo pode estar afectando á nosa mocidade.

Co obxecto de dar a coñecer esta realidade no noso municipio, e dentro das actividades do Xuño Cultural 2.019, terá lugar o vindeiro xoves 6 de xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, unha charla baixo o título: Menores: dos videoxogos ás apostas deportivas", a cargo do profesor/doutor da Facultade de Psicoloxía da USC, D. Antonio Rial Boubeta.

No transcurso da mesma presentaremos os resultados do estudo realizado e a campaña que levaremos a cabo de cara a concienciar sobre esta problemática.