Informe Europeo sobre Drogas 2021

Informe Europeo  sobre Drogas 2021-min

05/07/2021

O Informe Europeo sobre Drogas 2021 destaca que o mercado europeo das drogas demostra ser resistente á situación provocada pola COVID-19.

O Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías (EMCDDA) publicou no seu Informe Europeo sobre Drogas 2021 as tendencias e novidades, a última revisión anual da situación das drogas en Europa; basados en datos de 29 países  (27 pertencentes á UE, Turquía e Noruega); o informe ofrece novas perspectivas sobre as implicacións para a saúde e a seguridade do complexo problema das drogas en continua evolución, e dun mercado de drogas resistente á COVID -19. 

O informe advirte dos riscos para a saúde pública que plantexa a dispoñibilidade e o emprego dunha maior variedade de substancias, a miúdo de gran potencia e dureza. Tamén describe cómo os grupos da delincuencia organizada intensificaron a producción ilegal de drogas dentro de Europa para evitar as medidas de loita contra o tráfico, creando riscos medioambientais, sanitarios e de seguridade.

A situación xerada pola pandemia tamén afectou ó consumo e á oferta de drogas, creando un mercado de drogas resistente e con maior capacidade dixital. Os traficantes de drogas adaptáronse ás restriccións e peches de fronteiras; a nivel maiorista refléxase nos cambios nas rutas e métodos de tráfico. O cultivo de cannabis e a producción de drogas sintéticas na UE parecen estables en relación cos niveis previos á pandemia, sen que se observe ningunha diminución na detección dos centros de producción. Aínda que os mercados minoristas de drogas na rúa víronse alterados durante os primeiros peches, os vendedores e compradores adaptáronse aumentando o emprego dos servizos de mensaxería, redes sociais, recursos en liña, servizos de correo, entrega a domicilio. Estes feitos alertan sobre  si un impacto a longo prazo da pandemia podería derivar nunha maior dixitalización dos mercados de drogas.

Da vida nocturna á vida na casa

Hai probas de que, durante o primeiro periodo de confinamento, diminúeu o interese das persoas consumidoras polas substancias normalmente asociadas a eventos recreativos ( como a MDMA) posto que a poboación permanecía na casa. Sen embargo, as análises de mostras das augas residuais suxiren que os niveis de consumo da maioría de drogas recuperáronse a medida que se relaxaban as restricións de movilidade, viaxes e reunións sociais.

As benzodiacepinas no punto de mira

Plantéxanse preocupacións específicas en torno ao emprego indebido das benzodiacepinas, xa sexa desviadas do seu uso terapéutico ou non autorizadas para uso médico en Europa. Obsérvase un aumento do consumo destas drogas entre as persoas consumidoras de drogas de alto risco, a poboación reclusa e o baixo coste destas substancias xunto cos problemas de saúde mental relacionados coa pandemia.

CONCLUSIÓNS PRINCIPAIS

  • O consumo de cannabis mantense estable aínda que a niveis elevados, pero o maior contido en THC suscita unha maior preocupación para a saúde ; de feito as alertas sanitarias advirten sobre o cannabis adulterado con cannabinoides sintéticos de gran potencia.
  • As incautacións récord de cocaína son un sinal preocupante dun posible aumento de danos para a saúde.
  • A demanda de anfetaminas fai que sexa rentable a producción local próxima ás persoas consumidoras.
  • Seguen aparecendo novas e potentes substancias psicoactivas nocivas, entre as que se atopan novos cannabinoides sintéticos e novos opioides sintécticos; de feito no 2020 notificáronse 830 novas substancias. Estas novas drogas inclúen alucinóxenos, ketamina e GHB sendo preocupante que nalgúns contextos se notifiquen pautas de consumo intesivo.
  • As grandes incautacións de heroína indican un posible aumento do consumo e os danos asociados, na UE seguen incautándose grandes volumes de heroína.

Finalmente, a presidenta do Consello de Administración do EMCDDA, Laura d´Arrigo conclúe que " a medida que os problemas de drogas de Europa seguen evolucionando, tamén debe evolucionar a resposta de Europa"

FONTE: emcdda.europa.eu