Ensinando a crecer: Escola de Pais e Nais

Cartel informativo

10/10/2014

A Asociación Antidroga Renacer pon en funcionamento a Escola de Pais/Nais “Ensinando a crecer”, correspondente ó curso 2014/2015. Esta actividade articulase coma un espazo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais. É un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco, e contribuír a modificación de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.

O programa consta de 5 sesións cas seguintes temáticas:

- “Como educar dende e na familia: pautas”: a familia (modelos e funcións), estilos educativos (vantaxes e inconvenientes), a educación (disciplina, normas e límites), as emocións (xogos e estratexias), …

- “Como comunicarnos: pautas”: comunicación verbal e non verbal, estilos educativos, asertividade, escoita activa, habilidades facilitadoras da comunicación e elementos distorsionadores, ...

- “Como resolver conflitos: pautas”: normas e límites, detección de condutas problema, asunción da responsabilidade, autocontrol, toma de decisións, negociación, …

- “Como educar sobre o uso responsable das novas tecnoloxías: pautas”: pais/novatos e fillos/as expertos, internet e as redes sociais, os videoxogos, o teléfono móbil, factores de risco e protección, , indicios de uso problemático, …

- “Como falar de sexualidade: pautas”: pais, nais e educación sexual, desenvolvemento sexual, os afectos, cando empezar, as primeiras preguntas, as primeiras relacións, …

- “Como falar de drogas: pautas”: tabaco, alcohol e outras drogas de abuso, establecemento de expectativas claras sobre o consumo de drogas, as normas e a súa comunicación, supervisión de conduta, o modelado,...

Os pais/nais poderán participar na presente edición de forma continuada, ó longo de cinco sesións ou de forma puntual, solicitando calquera das temáticas que se traballan nos distintos bloques temáticos incluídos no programa.

Tanto o lugar (poderanse facer nos centros de ensino ou na sede da asociación) coma as datas de realización estableceranse cando se formen os grupos (cun mínimo de 12 persoas). O horario tamén se adecuará a dispoñibilidade dos mesmos, podendo ser tanto de mañá como de tarde.