ENREDADOS COAS PANTALLAS

Enredados cas pantallas

01/04/2026

Estamos nun momento histórico no que as tecnoloxías están integradas completamente na vida dos nenos,nenas e adolescentes. En apenas dúas décadas pasouse dun entorno analóxico a outro no que prácticamente toda a información é dixital.

Esta transición está tendo un enorme impacto nas formas de relación, aprendizaxe, entretemento e modelos na construcción de identidade das persoas máis novas. Hai que ter en conta que máis do 70% dos menores de 10 a 15 anos dispoñen de teléfono móbil propio.

Ademais, a conexión é continua; o 96% dos fogares teñen acceso a internet, o que facilita un acceso ilimitado a contidos, redes sociais e plataformas de xogo e vídeo. Este contexto hiperconectado provocou que a relación coas Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC) sexa constante tanto para efectos positivos (aprendizaxe ou comunicación) como para os riscos asociados (sobreexposición, uso compulsivo, violencia dixital ou contidos inadecuados).

Os estudos informan que un de cada tres adolescentes recoñece que sufriu algunha forma de ciberacoso, por outra banda, a idade media de acceso á pornografía sitúase en torno ós 12 anos de idade, según o informe da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Ante todo este panorama, as familias enfréntanse a un doble desafío; por un lado preparar ós nenos e nenas para vivir nun entorno dixitalizado e aproveitar os seus beneficios e por outro lado, garantir a súa protección fornte ós riscos que implican un uso precoz, sen acompañamento e sen límites.

Por todo isto, os proxenitores deben recuperar a súa autoridade educativa tamén no ámbito dixital; dicir non cando sexa necesario, poñer límites razoables e acompañaar de forma consciente no emprego das TRIC é un estratexia necesaria de protección e responsabilidade.

FONTE: Aldeas Infantiles