Día Mundial Sen Tabaco 2.019: Actividades

cartel da campaña

31/05/2019

Con motivo da conmemoración o 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco dende a Asociación Renacer, temos previsto levar a cabo unha serie de actividades informativas e de sensibilización.

  • Deseñouse unha campaña baixo o lema "Por unha vida sa"; para os escolares dos centros de ensino no último ciclo de Primaria (5º e 6º) e o primerio ciclo de Secundaria (1º e 2º). A campaña contén materiais que reflexan diversas motivacións para o non consumo do tabaco. O obxectivo da mesma é que os rapaces/as sexan conscientes dos riscos que conleva o consumo de tabaco á súa idade co fin de previr o consumo de tabaco e/ou retrasar a idade de inicio entre os rapaces e rapazas.

          Este material distribuíuse en todos os centros escolares do municipio e tamén entre as  persoas usuarias das asociacións Ambar e Amicos.

  • Poboación en xeral: distribuíuse cartelería nos centros de Saúde de Ribeira, Aguiño, Palmeira, Hospital da Barbanza, Casa da Xuventude e Unidade Asistencial de Drogodependencias.

  • Previamente a todas estas actividades, desenvolvéronse obradoiros cos rapaces/as de secundaria para a promoción de hábitos saudables e conciencialos/as do risco que conleva o tabaco para a saúde.