Día Mundial sen Alcohol
12/11/2026
O Día Mundial sen Alcohol, celebrado cada 15 de novembro, é unha oportunidade para reflexionar sobre o impacto desta substancia nas nosas vidas e na sociedade.
A través desta xornada invítase á poboación a considerar os riscos asociados ó seu consumo e fomentar un enfoque máis responsable, especialmente entre a poboación máis nova. A Organización Mundial da Saúde (OMS), consciente da carga global que o alcoholismo representa para a saúde pública, busca non só educar e informar sobre os riscos asociados ó seu consumo, senón tamén promover estratexias e políticas para a súa reducción do seu consumo a nivel mundial.
IMPACTO DO ALCOHOL NA SAÚDE
O impacto do alcohol na saúde é profundo e multifactorial (influenciado por moitos factores: sociais, biolóxicos, ambientais e psicolóxicos), afectando a numerosos aspectos do benestar físico e mental. O consumo excesivo do alcohol pode descandear unha ampla gama de enfermidades e trastornos: danos no fígado, enfermidades cardíacas e varios tipos de cancro. Ademais, o alcohol afecta negativamente no cerebro, provocando problemas de memoria e dificultades cognitivas. Incrementando o risco de desenvolver trastornos mentais como a depresión e ansiedade. Sen esquecer que o impacto do alcohol non se limita á saúde física e mental da persoa consumidora, senón que tamén se extende ó seu entorno social.
EFECTOS SIGNIFICATIVOS DO CONSUMO
- Sistema Nervioso Central (SNC): perturba a actividade cerebral, levando a cambios de humor bruscos, confusión, problemas de memoria e dificultades na coordinación motora.
- Corazón: provoca un aumento da presión arterial elevando o risco de arritmias, enfermidades cardíacas e ataques ó corazón.
- Fígado: un consumo excesivo é a principal causa de enfermidades hepáticas como a cirrose ou hepatite alcohólica.
- Páncreas: o consumo desta substancia pode descandear pancreatite.
- Sistema Inmunitario: o abuso do alcohol debilita este sistema, incrementando a susceptibilidade a enfermidades e infeccións.
- Risco de cancro: sobre todo de boca, esófago, fígado e mama.
- Saúde reproductiva: incrementando a disfunción eréctil nos homes e complicacións no embarazo no caso das mulleres.
O ALCOHOL NA SOCIEDADE
O consumo do alcohol está moi arraigado en moitas culturas e sociedades, percibido como un compoñente da socialización e celebración. Polo que, esta normalización pode levar a un enfoque menos crítico ocultando os riscos asociados ó seu consumo. Factores como a presión social, a necesidade de evasión, busca de acpetación ou o manexo das emocións experimentadas como negativas, a miúdo, inciden no hábito do consumo de alcohol.
EDUCACIÓN E CONCIENCIACIÓN
A educación e concienciación xogan un papel fundamental na loita contra o consumo excesivo do alcohol, manter conversas sobre os perigos do alcohol, especilamente entre a mocidade, é un paso esencial para previr o abuso desta substancia. Programas preventivos nos centros educativos e na comunidade poden proporcionar unha valiosa información sobre os efectos reais do alcohol no corpo e na mente, e as consecuencias a longo prazo do seu consumo excesivo.
FONTE PROPIA


