Cea Benéfica

Cartel cea benéfica

04/11/2019

O vindeiro sábado 30 de novembro, ás nove e media da noite no restaurante Baiuca, terá lugar a Cea Benéfica de Renacer. A nosa intención é seguir sumando fondos para continuar coa liña de traballo que vimos desenvolvendo dende o ano 1.990. Dende a súa constitución a Asociación Renacer  pretende manter unha liña innovadora na súas estratexias e programas, apostando pola prevención e inserción dos riscos asociados ó consumo de drogas e a prevención do VIH/Sida, e outras enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados, mediante actuaciones no ámbito da educación formal e informal en tódolos niveis: escolar, familiar e comunitario.

As entradas poden adquirirse no local social da asociación, situado na rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A entrechán, na Farmacia Fernández de Sanmamed ou  facendo un ingreso na  conta que a entidade ten en Abanca (Ref. Cena Benéfica). O prezo da cea é de 40 € por persona. No caso de non poder asistir, e estar igualmente interesado en colaborar, pódese facer un ingreso especificando Fila Cero.

Tamén se pode colaborar, si se trata dun establecemento comercial,  mediante a donación dalgún producto do mesmo, para o sorteo  que terá lugar no transcurso da celebración da cea benéfica.