CANDO BEBER DEIXA DE SER UNHA OPCIÓN

Alcohol e cerebro

07/05/2025

O trastorno por consumo de alcohol ou alcoholismo, é unha adicción e como tal, non atrapa só o corpo senón tamén a mente.

Este trastorno ten dúas caras a física e a psicolóxica; por unha banda o corpo habitúase á substancia e cada vez demanda máis para poder experimentar o mesmo efecto, esto é o proceso de tolerancia. Deste xeito, cando se tenta deixar aparecen os síntomas da abstinencia entre os cales se poden atopar: suor frío, tremores, ansiedade, malestar xeral. Ademais, está a parte mental ou psicolóxica a través da cal se lle atribúe ó alcohol a figura de "solución máxica" para todo. Problemas no traballo? copa, discusión coa parella? copa, aburrimento? copa...

O perigoso desta dinámica é que a substancia chega a dirixir a vida da persoa, sendo o alcohol o que media todas as decisións, a persoa perde o control da súa propia vida. Desde a psicoloxía cognitivo-conductual, enténdese que o trastorno por consumo de alcohol non é beber moito simplemente, senón algo bastante máis complexo, un patrón aprendido e mantido, en parte grazas a ese "alivio inmediato" acadado en ocasións anteriores; actuando como proceso de recompensa e reforzando polo tanto a conducta.

Este trastorno non é un proceso de falta de vontade nin debilidade persoal como nalgunhas ocasións se calificou, senón un complexo proceso que se sostén grazas a un círculo vicioso no que entran en xogo: reforzadores, condicionamentos, pensamentos distorsionados e, por suposto, emocións.

A teoría cognitivo conductual (TCC), explica o proceso como unha combinación interdependente entre o que se fai (conducta), o que se pensa (cognición) e o que se sente (emoción); e todo esto retroaliméntase instaurándose con máis forza o trastorno.

O CICLO DO ALCOHOLISMO

O ciclo do alcoholismo é como a historia que comeza con risas e remata en traxedia, non é algo que aconteza da noite para a mañán; senón que se vai construíndo pouco a pouco. Os comezos, na maioría dos casos, soen ser cunha fase de uso experimentalou social, nesta o alcohol aparece como "invitado simpático", empregándose para o disfrute, integrarse socialmente ou por cusiosidade; pero este primeiro contacto abre a porta ás fases posteriores.

Na fase de uso regular, o feito de beber comeza a ser un costume chegando a asociarse con certos estímulos (aliviar tensión, divertirse, descargar ansiedade, socializar...) formándose un patrón no que beber alcohol comeza a ser a resposta automática ante un amplo abano de situacións. Co paso do tempo crúzase a liña cara o uso problemático, nesta fase comezan a asomar as consecuencias e os primeiros sinais de alarma: intentos fallidos de reducir a cantidade, excusas para xustificar o consumo e a típica frase de " deixo cando quero".

A tolerancia comeza a facer acto de presenza, polo que a persoa se ve obrigada a incrementar a cantidade consumida, nesta etapa tamén comezan os cambios na relación emocional co alcohol chegando a converterse nunha muleta emocional. Finalmente, chega a fase da dependencia, xa que ese ciclo está convertido nun círculo vicioso implacable; porque este proceso vese reforzado pola coducta de beber converténdose o alcohol na solución rápida a problemas emocionais e situacións incómodas, deste xeito cada vez que a persoa bebe experimenta ese alivio e refórzase a conducta cos pensamentos distorisionados (eu controlo, todo o mundo bebe) alimentando así ese círculo.

O trastorno por consumo de alcohol, é un proceso progresivo que comeza bebendo por pracer, segue por costume, logo por necesidade emocional, e finalmente por pura supervivencia química.