De home a home, protéxete

Cartel de difusión da campaña

08/01/2010

O 40,8% das novas infeccións por VIH rexistráronse en homosexuais, polo que o Ministerio de Sanidade e Política Social lanzou unha nova campaña dirixida a este colectivo:

“Que é no primeiro que te fixas dun home que che gusta?”: Ás respostas habituais dos ollos, a boca, as mans ou o cu, o Ministerio de Sanidade engade outra nova que considera máis importante que todas as anteriores: O peto. Lonxe de calquera connotación materialista, esta nova parte na que pór a mirada ten que ver coa prevención do VIH nos homes que teñen sexo con outros homes. É aí onde deben levar o preservativo.

Co lema “Non deixes que o VIH fíxese en ti”, o Ministerio de Sanidade e Política Social lanza unha nova campaña para combater a infección da SIDA entre homosexuais. As mensaxes difundiranse só en Internet a través da web www.preservativoentubolsillo.es , de redes sociais como Facebook e das páxinas de contactos. A idea é insistir na importancia de tomar precaucións: “Protéxete, protéxeo”, lembran.

Un de cada tres diagnósticos por VIH en España débese a prácticas sexuais entre homes, segundo os datos que manexa o Ministerio. Por iso, a nova iniciativa, que contou cun orzamento de máis de 171.000 euros, diríxese concretamente a este colectivo. Segundo o Secretario Xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, esta campaña, a segunda parte de “Fronte ó VIH non baixes a garda”, ten como obxectivo combater a "alta prevalencia" (10%) do VIH nestas persoas, que pasaron de ter o 28,8% das novas infeccións en 2004 a representar o 40,8% das de 2008.

Trátase de concienciar á poboación máis moza, facendo fincapé nos inmigrantes, o perfil máis común entre os novos infectados, das regas de esquecer o uso do preservativo. Para iso, apostouse por Internet para difundir a mensaxe e por empregar "un ton amable" no vídeo promocional. "Cremos que o emprego deste ton non exclúe a chamada de atención. No entanto, reorientaremos as campañas en función dos resultados, do seu impacto, pero aínda é cedo para valorala", indicou Martínez.

A xuízo de Antonio Poveda, presidente da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, esta campaña servirá de "ferramenta" para concienciar ó colectivo dos perigos do VIH. Con todo, a clave definitiva será crear unha "verdadeira educación sexual e reprodutiva" que combata a homofobia, responsable, á súa entender, destas infeccións, pero tamén "da violencia machista, dos abortos e dos embarazos non desexados".

Para a representante de Stop SIDA, Cati Zaragoza, é un acerto que a mensaxe se transmita a través das webs de contactos homosexuais, xa que, segundo un estudo mostrado na web da súa asociación, "hai máis tendencia de risco de non usar o preservativo naqueles homes homosexuais que usan Internet para concertar os seus encontros que naqueles que acoden ós locais de ambiente".

 

FONTE: MUNDO SALUD