BEBER O "NORMAL", PODE SER DEMASIADO

Porque o "normal" pode ser demasiado

05/11/2025

O consumo de bebidas alcohólicas está moi estendido entre a poboación e plenamente integrado na sociedade, coa conseguinte diminución da percepción de risco; pasando a formar parte da vida cotiá de moitas persoas e da cultura, chegando a asumilo como algo normal. Pero, non chegar a embriagarse non quere dicir que non teña riscos, xa que beber o "normal" pode ser demasiado.

Coñecer a cantidade de alcohol consumida e o patrón de consumo é o primeiro paso para identificar as concecuencias que pode ter para a saúde tanto da persoa consumidora como daquelas persoas do seu entorno próximo, para axudar a tomar decisións en relación ós consumos.

COMO BEBO?

Existen distintas maneiras de consumir alcohol, que van desde quenes non consumen esta substancia psicoactiva ata quenes o fan a diario, pasando por outros casos que levan a cabo consumos intensivos, como adoita ser o caso da mocidade que comeza a saír ou aquelas persoas que ó remate da xornada laboral van de copas ou cañas. O consumo intensivo, coñecido como atracón ou "binge drinking", é un patrón moi estendido na sociedade actual, na que se beben grandes cantidades de alcohol nun curto período de tempo (4-6 horas). Este tipo de inxesta provoca graves e serios problemas de saúde. 

As diferentes formas de consumo fan que as persoas teñan distintos riscos para a súa saúde ou que algunhas incluso poidan desenvolver unha dependencia. O alcohol é unha substancia psicoactiva e a medida que aumenta o seu consumo, aumentan os riscos e problemas uns de forma inmediata e outros nun plazo de tempo máis longo. Todo con elevados custos persoais, familiares e sociais. Algunhas características persoais como o peso, idade, sexo e a xenética fan que as persoas sexan máis ou menos sensibles ós seus efectos.

RISCOS E PROBLEMAS

As consecuencias prexudiciais para a saúde derivadas do consumo relaciónanse cos seus efectos a curto e longo prazo.

Efectos a curto prazo:

  • Reduce a percepción de risco, favorecendo accidentes de tráfico e caídas.
  • Aumenta a conducta agresiva dando lugar a máis liortas.
  • Afecta ás relacións persoais e sociais.
  • Desinhibe, aumentando a posibilidade de ter relacións sexuais non seguras ou non desexadas libremente.
  • Produce resaca (mareos, dor de cabeza, malestar estomacal)
  • Aporta calorías vacías que non alimentan, pero engordan.

Efectos a longo prazo:

  • Os riscos anteriores vanse acumulando, incrementándose a posibilidade de aparición dalgúns cancros (esófago, fígado); problemas de infertilidade.
  • Non hai ningunha cantidade de alcohol que se poida consumir de forma segura durante o embarazo, xa que o consumo de bebidas alcohólicas durante este período incrementa o risco de retraso mental e malforamcións conxénitas, problemas de aprendizaxe e de adaptación.

STOP ALCOHOL SE:

  • Eres menor de idade.
  • Estás embarazada ou en período de lactancia.
  • Eres responsable da seguridade doutras persoas.
  • Conduces ou manexas maquinaria ou ferramentas.
  • Vas a realizar actividades de risco.
  • Padeces algunha enfermidade que o alcohol poida agravar.
  • Tomas medicamentos ou outras substancias que poidan interactuar co alcohol.

Os proxenitores e aquelas persoas que coidan e educan poden influír sobre a percepción de risco e posterior consumo de nenos e nenas; a proteccións dos menores é unha responsabilidade familiar e social.

FONTE: Instituto de Saúde Pública de Navarra