Asocian tabaquismo con risco de aborto espontáneo

Muller embarazada

10/01/2011

Fumar durante o embarazo tamén eleva as probabilidades de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer.

Un novo estudo achega ás mulleres un motivo máis para deixar de fumar antes de quedar embarazadas: reducir o risco de sufrir un aborto espontáneo. Nun estudo sobre case 1.300 xaponesas que tiveran un embarazo, os autores/as acharon que as grandes fumadoras ao comezo do embarazo eran dúas veces máis propensas que as non fumadoras a ter un aborto espontáneo no primeiro trimestre.

Ademais de elevar outros riscos como o de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer, o novo estudo, publicado na revista Human Reproduction, apoia a asociación entre tabaquismo e a perda do bebé.

O equipo de Sachiko Baba, da Osaka University, en Xapón, revisou os rexistros de 430 mulleres que tiveran un aborto espontáneo no primeiro trimestre de xestación e comparouse a cada unha delas con outras dúas da súa mesma idade que deran a luz ese mesmo ano. A revisión mostrou que as mulleres que fumaran polo menos 20 cigarros diarios durante o embarazo foron dúas veces máis propensas que as non fumadoras a perder o embarazo.

Así, o 7% (32) das mulleres que tiveron un aborto fumaba esa cantidade de cigarros, comparado co 4% (36) das 860 mulleres que tivo un bebé. Segundo estudos previos, estímase que até o 8% dos embarazos pérdese entre a sexta e a oitava semana posterior ao último período menstrual. Ás 10 semanas, esa taxa redúcese ao 2%.

Estilos de vida prexudiciais

A maioría deses abortos espontáneos suceden no primeiro trimestre e os expertos/as estiman que se debe, principalmente, a anormalidades xenéticas que non se poden previr. De todos os xeitos, certos hábitos do estilo de vida poden elevar relativamente ese risco, incluído o consumo excesivo de alcol, a drogadicción e o tabaquismo.

Os novos resultados non proban que o tabaquismo en si fose a única causa do aumento do risco de perder o embarazo no estudo. O equipo puido identificar outros factores como o consumo de alcol e abortos espontáneos anteriores, mentres que a relación tabaquismo/aborto mantívose.

Ademais, as mulleres que traballaran no primeiro trimestre eran un 65% máis propensas a perder o bebé que as que non traballaran fóra das súas casas. Un terzo das mulleres tiveron un aborto dixo que traballara fóra do fogar, comparado co 19% das que deron a luz. Descoñécese aínda a orixe deste resultado, pois o equipo non achou estudos fóra de Xapón que identificasen a relación entre o traballo e o aumento do risco de ter un aborto.

 

FONTE: AS DROGAS INFO