AS BOLSAS DE NICOTINA, PRODUCTO PARA CAPTAR NOVAS XERACIÓNS
02/06/2026
Este novo producto cunha gran popularidade entre as persoas máis novas está alertando á OMS (Organización Mundial da Saúde). Son bolsas de nicotina que se colocan entre a encía e o labio e non se perciben como nocivos, xa que non expulsan fume, pero teñen unha gran capacidade de xerar adicción.
Nun informe recente publicado pola ONU detallan que a expansión do "snus", é unha das tácticas empregadas pola industria para captar novas xeracións de peroas consumidoras. Ó colocarse na encía, zona con ampla presenza de vasos sanguíneos, a nicotina absóbese con moita facilidade chegando con moita rapidez ó cerebro incrementando a capacidade de crear unha adicción. Deste xeito, a industria do tabaco promociona as bolsas de nicotina como unha alternativa ós cigarros para crear espazos sen fume, pero a realidade é que a mocidade comeza cun proceso de adicción, xa que as persoas que se inician no consumo da nicotina, xa sexa con vápers ou coas bolsiñas "snus", teñen tres veces máis posibilidades de terminar consumindo tabaco.
Na actualidade, hai unha falta de control derivada do vacío legal no que opera a compraventa destes productos, posto que polo de agora non están regulados nin pola directiva europea nin pola normativa española, polo que se están comercializando como productos de consumo sen un marco sanitario específico. Ademais, establécese un límite máximo de nicotina de 0,99 miligramos por bolsiña, cando no mercado actual se poden atopar productos con 50 ou 10 miligramos por unidade, niveis que as autoridades sanitarias consideran moi preocupantes.
Fonte:
Ministerio de Sanidade


