Axudar a unha persoa que padece o Síndrome de dependencia alcohólica é unha tarefa complicada; na maior parte dos casos son os familiares máis cercanos os que precisan de coidados e atención psicolóxica que lles axude a entender o que está a suceder e a sobrelevar do mellor xeito posible a dependencia dese membro da familia.
Lembremos que aínda que é unha persoa a que está abusando da substancia esta dependencia atrapa a todo o grupo familiar, debido ás directas consecuencias psicolóxicas sobre todos eles/as.
O uso do alcohol, como todos e todas sabemos, está moi normalizado na nosa sociedade, de feito case non hai encontros, comidas, ceas ou banquetes nos que esta substancia non faga presenza. Ademais case sempre se asocia con momentos felices e de desconexión e isto supón un impedimento á hora de entender os problemas que pode acarrexar.
A todo isto engádese o feito de que soe ser moi difícil ver esa fina liña que separa á persoa con dependencia alcohólica daquela que aínda non a ten adquirida.