Novas

Cartel de difusión do acto

13-11-2009

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 28 de novembro a Cea Benéfica con motivo do Día Mundial da SIDA.

Como cada ano,  dende o 2001, vense celebrando este acto, co pretendemos concienciar á poboación do noso municipio da importancia da prevención e axuntar esforzos na loita contra a SIDA. Xa non é un problema duns poucos/as, concírnenos por igual, homes e mulleres de calquera raza, crenza, preparación ou clase social. É unha epidemia que avanza sobre o planeta. Só lograremos combater o VIH aceptando que este vive entre nós, falando e buscando información, xa que a nosa única aliada na batalla contra esta epidemia é a prevención.

Asómesmo, tamén está no noso ánimo recadar  fondos que nos permitan continuar co desenvolvemento das distintas actividades que levamos a cabo con diferentes colectivos, nas que a través da información e a formación tentamos promover un cambio de actitudes e intervir noutros factores que inflúen no comportamento e que poidan contribuír á transmisión do VIH.

10º Aniversario de Cinensino

28-10-2009

Cinensino 2009-2010

Dentro das actividades encamiñadas á prevención de drogodependencias no ámbito educativo, que se realizan dende a Asociación Renacer, un ano máis ponse en marcha o programa CINENSINO.

O programa está destinado ós alumnos/as 1º de ESO e ten como finalidade formalos en valores, actitudes e habilidades sociais, que actúen como factores de protección fronte o consumo de drogas.

As drogas afectan ó cerebro

28-10-2009

O crecente consumo de cannabis por menores aumenta as patoloxías mentais

O consumo de estupefacientes aumentou case nun 50% nos últimos 15 anos.

O aumento case nun 50% nos últimos 15 anos do consumo de cannabis por mozos/as españois menores de 18 anos incrementou as demandas de atención sanitaria por problemas mentais derivados do seu consumo, e pode ser o desencadeamento de patoloxías como a esquizofrenia.

Anticonceptivo hormonal

28-10-2009

Os expertos/as din que a pílula non aumentará as condutas de risco

O anticonceptivo hormonal pode adquirirse sen receita médica nas farmacias españolas desde o 28 de setembro.

A pílula do día despois pode adquirirse sen receita médica nas farmacias españolas desde o luns 28 de setembro, unha vez finalizados os traballos para o cambio de status deste medicamento. A medida, anunciada en maio por Sanidade, pretende facilitar a accesibilidade ao medicamento e contribuír así á redución de embarazos non desexados en mozas e adolescentes.