Novas

Cartel da campaña

25-06-2013

Que ninguén “baile” baixo os efectos das drogas

Non bailes esta canción. Non conduzas baixo os efectos das drogas” é o slogan da nova campaña “Música Dance para que ti non a bailes”, creada pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) para sensibilizar sobre os riscos asociados á condución baixo os efectos das drogas ilegais, especificamente a mozos/as de 16 a 24 anos.

Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a probabilidade de provocar ou sufrir un accidente de tráfico se se conduce baixo os efectos das drogas increméntase entre dúas e sete veces respecto de quen non consomen ningunha sustancia. De feito, preto do 23% dos condutores/as até 30 anos falecidos/as en accidente de tráfico consumiran drogas. Os datos do estudo da FAD “A lectura xuvenil dos riscos das drogas” van na mesma dirección: o 8,1% da mocidade española de 15 a 24 anos recoñecen sufrir accidentes directamente relacionados co alcol e outras drogas nos últimos 12 meses.

Cartel informativo

06-06-2013

Análise da mocidade de Riveira: actitudes, intencións e consumo de drogas

Dende Asociación Renacer pretendemos, con esta análise, obter información para deseñar e avaliar os programas dirixidos a previr o consumo e os problemas derivados do mesmo, sobre todo dende o ámbito educativo. Esta información complementa outras existentes de ámbito nacional e permite un deseño e avaliación máis específica das intervencións que realizamos na nosa comunidade.

O estudo realizouse nos centros de ensino do Concello de Ribeira que imparten educación secundaria nos cursos onde se levan a cabo os programas de prevención de drogodependencias (alumnado de 2º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Ciclos Medios). O período de recollida de información foi o ano 2012.

Cartel informativo

04-06-2013

Mocidade, ocio e drogas

O próximo día catro de xuño, desenvolveremos unha charla enmarcada no “Xuño da Cultura e as Artes de Riveira 2013”, baixo o titulo “Mocidade, Ocio e Drogas” que será impartida pólas psicólogas da asociación.

Ó longo da mesma, daranse a coñecer os resultados das enquisas, que se pasaron no ano 2012 o alumnado de 2º, 4º de ESO e Ciclos Medios dos centros educativos de Riveira, para coñecer as actitudes, intencións e consumo de drogas entre os mozos/as do noso concello.

Cartel da campaña

29-05-2013

31 de maio: Día Mundial Sen Tabaco

Cada ano, o 31 de maio, a OMS e asociados de todo o mundo celebran o Día Mundial Sen Tabaco, dedicado a resaltar os riscos para a saúde asociados ao consumo de tabaco e promover políticas eficaces para reducir ese consumo. O consumo de tabaco é a principal causa evitable de defunción no mundo, e actualmente mata a un de cada 10 adultos en todo o mundo.

O tema do Día Mundial Sen Tabaco 2013 é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco.

Botellas de bebidas destiladas

24-05-2013

O alcol con bebidas enerxizantes, unha moda nociva

Ademais dos danos que o consumo do alcol provoca a nivel físico e mental nos/as adolescentes sen culminar o seu desenvolvemento, a súa combinación con bebidas enerxizantes tornouse unha tendencia moi perigosa.

Mariví Mateo García, médica de Saúde Pública do Plan Foral de Drogodependencias, que a súa demanda aumentou en bares e discotecas da Comunidade foral. "Os/as adolescentes están a empezar o consumo con mesturas de bebidas de alta gradación e medio mesturando as bebidas entre elas mesmas. Non empezan co viño de mesa na comida. Isto vai moito por modas, e estase dando a moda de beber bebidas con alto nivel de cafeína, estimulantes, con alcol", comenta.

Pés duns rapaces

20-05-2013

Un 15% dos mozos/as españois consume drogas de maneira habitual

Ao redor dun 15% dos mozos/as españois son consumidores/as habituais de drogas, e a decisión de facelo dependerá dos seus valores e proxecto vital. Así se desprende dun estudo elaborado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), en colaboración co Ministerio de Sanidade e a Obra Social de Caixa Madrid, que o pasado ano sondou a 750 consumidores habituais de 18 a 25 anos para coñecer as súas pautas de consumo e a súa percepción do risco e da vida ao redor destes hábitos.

Rapaces collidos da man

30-04-2013

A Lei que unificará a idade de acceso ó alcohol ós 18 anos prohibirá o consumo, a venta e a dispensación a menores

En España, a idade de inicio dos escolares no consumo de alcol sitúase, de media, nos 13,7 anos. Este problema, agrávase se se ten en conta que é común que os/as adolescentes consuman catro ou cinco bebidas alcohólicas nun só día, normalmente durante o fin de semana e pola noite. Así o revelan as últimas enquisas elaboradas pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Para combater este problema, a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou que traballa para elaborar unha norma que, por primeira vez en España, unifique aos 18 anos a idade mínima para o acceso ao alcol.

Mans no teclado dun ordenador

29-04-2013

Como previr a adicción tecnolóxica nos nenos/as

"Os nenos/as nacen hoxe en día nunha contorna tecnolóxica e moitos pais e nais tenden a usar os computadores, os iPads e os smartphones coma se fosen coidadores", declarou o doutor Richard Graham, o psiquiatra do hospital Capio Nightingale de Londres que deu esta semana a voz de alarma polos casos de adicción na tenra infancia. "Se ao neno/a se lle deixa longas horas imantado a unha pantalla, e se ve aos seus pais e nais facendo o mesmo, estamos a crear as condicións para unha relación enfermiza coa tecnoloxía".

Paquete de cigarros

16-04-2013

As imaxes de advertencia nos paquetes de tabaco non son o "suficientemente impactantes"

As imaxes preventivas que dende a Comunidade Europea se propón para incluír nos paquetes de tabaco e reducir así o seu consumo non teñen o impacto emocional desexado nos fumadores/as, porque só a unha parte parécenlles realmente desagradables. Estas son algunhas das conclusións dunha investigación realizada no departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Granada.

O equipo de investigadores/as realizou dous estudos complementarios sobre o mesmo tema. No primeiro deles, publicado na revista "Tobacco Control", recompilaron a opinión subxectiva de 597 participantes, distribuídos en seis grupos de idade: 13-14, 15-16, 17-18, 19-20, 21-22 e máis de 23 anos, a quen se presentou unha batería formada por 35 imaxes preventivas relacionadas co tabaco propostas pola Comisión Europea.

Muller embarazada

14-04-2013

Máis nicotina, menos embarazos

A evidencia acumulada de varios estudos realizados sobre parellas que buscan descendencia desvela que o consumo de tabaco atrasa considerablemente o tempo de concepción. Así, no caso das parellas que, por razóns de infertilidade, sométense a un tratamento de fecundación "in vitro", requiren o dobre de intentos, doses máis altas de gonadotrofinas para estimular os ovarios, un número de ovocitos menor, ciclos cancelados e taxas baixas de implantación embrionaria.

Así o explica o doutor Miguel Anxo Vincenti, xinecólogo especialista en reprodución asistida do hospital Quirón Torrevieja, quen aclara neste sentido que o consumo de tabaco produce unha menor concentración de antioxidantes no sangue producindo un efecto antiestroxénico con niveis alterados das hormonas esteroideas e as seus metabolitos. As hormonas que regulan todo o proceso da reprodución e que ven alteradas pola toxicidade da nicotina alteran a fertilidade.