17-11-2015
“Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”
A Asociación Renacer puxo xa en marcha “Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”, correspondente ó curso 2015-2016, nos centros educativos do Concello de Riveira.
A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.
Polo tanto, a escola é un escenario clave para realizar intervencións de promoción da saúde. O obxectivo da prevención neste ámbito é que os alumnos/as consigan o maior grao posible de saúde a partir da adquisición de coñecementos e habilidades que favorezan o desenvolvemento de estilos de vida saudables dende unha perspectiva integral, a nivel intelectual, afectivo e social.