Novas

Cartel cea benéfica

04-11-2019

Cea Benéfica

O vindeiro sábado 30 de novembro, ás nove e media da noite no restaurante Baiuca, terá lugar a Cea Benéfica de Renacer. A nosa intención é seguir sumando fondos para continuar coa liña de traballo que vimos desenvolvendo dende o ano 1.990. Dende a súa constitución a Asociación Renacer  pretende manter unha liña innovadora na súas estratexias e programas, apostando pola prevención e inserción dos riscos asociados ó consumo de drogas e a prevención do VIH/Sida, e outras enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados, mediante actuaciones no ámbito da educación formal e informal en tódolos niveis: escolar, familiar e comunitario.

Apostas deportivas

08-10-2019

ADICCIÓN Ó XOGO EN MENORES: Un problema crecente

Nos últimos anos, existe unha preocupación crecente ante o incremento no número de menores adictos ós xogos de azar e apostas (principalmente as apostas deportivas)

Numerosos expertos destacan o papel de Internet e as novas tecnoloxías como facilitadoras do acceso a este tipo de xogos entre os adolescentes. De xeito agora hai novos videoxogos que comezan a incorporar elementos propios dos xogos de azar e de apostas, unha converxencia que, xunto cunha publicidade intensa que asocia estas actividades co ocio e o entretemento, poderían estar influíndo no desarrollo de xogo problemático entre a xuventude e adolescencia, cada vez máis visible e alarmante.

30-09-2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O martes 1  de outubro a Xunta Directiva da ASOCIACIÓN ANTIDROGA RENACER, celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria no local social (Rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A Entrechán), ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria.

dalle vida

09-09-2019

Día do Síndrome Alcohólico Fetal

Hoxe como tódolos anos,dende o 1.999, o nove do nove simbolizando os nove meses do embarazo celébrase o Día Mundial do Síndrome Alcohólico Fetal.

Durante o embarazo non hai cantidade segura de consumo, calquera mínima cantidade de alcohol pode provocar un TEAF, (Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal) que nos casos máis graves pode desarrollar un SAF.

Cartel informativo

10-06-2019

" Estudo sobre menores e apostas"

Na actualidade é evidente a preocupación social que está a suscitar o xogo e as apostas deportivas entre os/as menores, unha práctica que vai en aumento e que cando xa comeza na adolescencia a probabilidade de que se converta nunha ludopatía na vida adulta multiplícase por catro.

Como primeiro paso para tentar afrontar esta problemática, realizamos neste curso escolar 2018/2019 ,en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, un estudo que nos permite coñecer a día de hoxe en que medida o problema do xogo pode estar afectando á nosa mocidade. 

Cartel Xogo

07-06-2019

Que o xogo non che coma o coco

No transcurso da charla que tivemos onte, baixo o título "Menores: dos videoxogos ás apostas", presentamos a nova campaña de prevención do xogo patolóxico co lema " QUE O XOGO NON CHE COMA O COCO"

cartel da campaña

31-05-2019

Día Mundial Sen Tabaco 2.019: Actividades

Con motivo da conmemoración o 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco dende a Asociación Renacer, temos previsto levar a cabo unha serie de actividades informativas e de sensibilización.

cartel web OMS

30-05-2019

Día Mundial Sen Tabaco 2.019

O 31 de maio de cada ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e os seus asociados mundiais celebran o Día Mundial sen Tabaco. 

Este ano céntrase no " tabaco e a saúde pulmonar".  A campaña pretende concienciar sobre os seguintes aspectos:

  • As consecuencias negativas para a saúde pulmonar que acarrea o tabaco, que van dende o cancro ata enfermidades respiratorias crónicas.
  • O papel fundamental que desempeñan os pulmóns para a saúde e benestar das persoas.