Uso e o abuso

Uso e o abuso

Un/unha adolescente que fai uso das Novas Tecnoloxías non presenta ningún indicio adictivo si fai para divertirse, comunicarse ou xogar e goza con iso. Non hai sinais de alarma si o uso que fai delas non interfere nas súas obrigacións nin nas súas actividades de tempo libre. É dicir, si segue facendo todo o que facía antes e ademais outras actividades, por exemplo, chatear de cando en vez ou xogar con consolas algunha tarde. En definitiva, o uso das Novas Tecnoloxías non supón un problema si é controlado e está en equilibrio co resto de actividades do/a menor.

Empeza a haber indicios de uso inadecuado cando o incremento do uso produce unha interferencia grave na vida cotiá e o/a adolescente perde interese por outras actividades, por exemplo, comeza a relegar as tarefas escolares e a ausentarse de actividades extraescolares ou de eventos sociais. Nesta etapa, a vida empeza a virar en torno ás Novas Tecnoloxías en detrimento de calquera outra actividade. Como consecuencia, comezan os conflitos cos pais/nais e a negación, por parte do/a adolescente, da existencia dun problema, á vez que aparecen as mentiras e as manipulacións para dedicar máis tempo ao ordenador, a consola ou o móbil.

Esta situación tórnase insostenible cando se mantén o uso de ordenador ou outras tecnoloxías malias as consecuencias negativas que irán aparecendo en todas as áreas: persoal, escolar, familiar e social. O/a adolescente xa non usará as Novas Tecnoloxías para pasalo ben senón para aliviar o malestar que lle supón non utilizalas. Chegados a este punto, o/a menor sentirá unha necesidade imperiosa de levar a cabo a conduta custe o que custe.

Condutas que poden ser síntomas de adicción

Utilízase este término cando aparecen condutas similares ás que presentan persoas con adicción ás drogas ou o xogo patológico.

Tolerancia

A tolerancia refírese á necesidade de aumentar a duración, a intensidade e/ou a frecuencia da conduta obxecto de adicción, neste caso o uso das Novas Tecnoloxías, para obter o efecto desexado. Este efecto de tolerancia fai que a persoa dedique progresivamente máis tempo ás Novas Tecnoloxías, xa sexa navegar por Internet, xogar a videojuegos, falar ou enviar mensaxes a través do teléfono móbil ou outras actividades.

Perda de control

O que caracteriza a calquera adicción é a perda de control e a dependencia que experimenta a persoa. Nun primeiro estadio, a conduta lévase a cabo polo puro pracer que proporciona realizala, pero cando se desenvolve a adicción, a persoa necesita levala a cabo para aliviar o malestar que lle provoca non facelo.

Ocultación

É moi difícil que un adicto ás Novas Tecnoloxías recoñeza que o é. Esta negación do problema mantense malia as evidencias: fracaso escolar, illamento social, mentiras reiteradas e outras, que en numerosas ocasións complican a detección do problema e intervención dos país/nais e profesionais.

Abandono doutras actividades

A medida que vai pasando o tempo, a conduta obxecto de adicción vai ocupando máis tempo na vida da persoa, de maneira que empezan a verse prexudicadas outras actividades, tanto obrigacións como afeccións. A conduta adictiva convértese no máis importante, desprazando outros intereses. Como unha “bóla de neve”, a adicción vai xerando problemas en todas as parcelas da vida da persoa: familiar, escolar, relacional..., chegando ata a afectar a aspectos como a hixene persoal, o soño ou a alimentación.

Cambios de comportamento

Si o problema se prolonga no tempo aparecerán cambios emocionais, nos hábitos e nas rutinas da vida diaria, cambios físicos, etc., que persistirán mentres se manteña a conduta adictiva.

Síndrome de abstinencia

Como ocorre coas adicciones a sustancias, as persoas adictas a unha determinada conduta experimentan esta síndrome cando non poden levala a cabo, padecendo un profundo malestar emocional (estado de ánimo disfórico, insomnio, irritabilidad, inquietude psicomotriz, etc.).

Au principio unha persoa conectase a internet ou utiliza un videoxogo polo agradable que lle resulta ou seu uso. Aos poucos, si se excede nesta conduta e desenvolve un problema de adicción, comezará a experimentar sensacións de malestar, nerviosismo e irritabilidad cando pasa un período de tempo sen conectarse (síndrome de abstinencia), que só aliviásense si as volve a usar.