Drogas

Drogas

¿Que é unha droga?

Droga é calquera substancia que, unha vez introducida no organismo a través de distintas vías (esnifada, inxectada, fumada ou tragada), ten capacidade para alterar ou modificar as funcións corporais, as sensacións, o estado de ánimo ou as percepcións sensoriais (vista, oído, tacto, gusto, olfacto).

Existen moitas clases de drogas. Algunhas son legais como o alcohol, o tabaco ou os fármacos; outras son ilegais como o haxix, a cocaína, a heroína... Todas as drogas presentan un denominador común: ao inxerilas -sexa cal fora forma- pasan ao sangue e, a través dela, ó cerebro e a todo o organismo, provocando os diferentes efectos que as caracterizan: excitar, relaxar ou distorsionar a realidade.

¿Cales son os seus efectos?

Todas as drogas afectan á saúde das persoas e ó seu desenvolvemento persoal. Con todo, este feito increméntase aínda máis no caso dos máis novos/as, posto que cada vez que se recorre ás drogas como muleta para gozar da vida ou enfrontarse ás súas esixencias, se está limitando a oportunidade de demostrar e desenvolver os recursos e as capacidades propias.

O consumo de drogas induce, por outra banda, a comportamentos descontrolados que se levan a cabo baixo os efectos destas substancias, condutas, en moitos casos, nas que non se miden os riscos, nin as consecuencias do que se está facendo.

Un risco das drogas -quizais o máis importante- é a súa capacidade para crear dependencia. Todas as drogas presentan esta característica. Aínda que se afirma que algunhas drogas non producen dependencia física (cannabis, alucinóxenos, éxtase,...), este é un asunto controvertido. No que si hai unanimidade é na capacidade de todas as drogas para provocar dependencia psicolóxica ou emocional. Aínda que é certo que a facilidade para que se cre unha dependencia física depende de moitos factores, tamén o é que non hai ningunha persoa tan segura que poida afirmar que controla plenamente os riscos de facerse dependente.

Ademais, moitas das drogas que se atopan no mercado ilegal están con frecuencia sometidas a procesos de adulteración. Nestes casos, o posible consumidor non sabe que é o que está tomando e, polo tanto, sitúase ante uns imprevisibles riscos engadidos.

Drogas comúns
Nome Nomes alternativos Presentación Vía admin. Efectos (tralo consumo) Consecuencias negativas (longo prazo) Síndrome abstinencia
Alcohol Priva, litrona, botellón Líquido Oral Depresor. Adormece o sistema nervioso central. Desinhibe a conduta. Falsa sensación de seguridade en un mesmo/a. Adicción. Danos orgánicos múltiples, incluídos danos ó feto. Risco de accidentes. Conduta agresiva e violenta. Temblores, irritabilidade. Delirium
Tabaco Pito, pitillo Cigaros, puros, tabaco de liar ou para pipa Fumada e inhalada (no caso dos fumadores pasivos) Estimulante. Ó contrario do que se cre, non ten efectos relaxantes. Adicción. Cancro enfermidades broncopulmonares e cardiovasculares. Irritabilidade, ansiedade.
Cannabis Herba, maría, chocolate, porro, canuto, costo Haxix: pasta marrón. Marihuana: follas trituradas. Aceite de haxix: líquido oleoso Fumada, inhalada, oral. Psicodisléptico. Produce relaxación, risa floxa, locuacidade, desorientación e conxuntivas irritadas. Adicción. Alteracións de memoria e aprendizaxe. Desmotivación e posibles alteracións psiquiátricas. Recentes estudos apuntan á existencia dun síndrome caracterizado por ansiedade, insomnio e irritabilidade.
Cocaína Coca, neve, branca, farlopa. perico. Crack (cocaína en forma de base). Po branco. En no caso del crack, se presenta en forma de pedras ou cristais Oral, intranasal, fumada, inhalada, inxectada. Estimulante. Provoca hiperactividade, aumento da enerxía, insomnio, hipertensión, perdida de apetito e pupilas dilatadas. Adicción. Trastornos psiquiátricos, coronarios e cerebrovasculares. No caso do crack, a adicción é moi rápida. Insomnio ou somnolencia, irritabilidade, axitación, tendencia á violencia e á actuación en "curtocircuíto"
Heroína Cabalo, jaco, neve, pico, "chino" Pó branquecino, pardo ou marrón. En ocasións, líquido. Inxección intravenosa ou subcutánea. Nasal, fumada. Depresor. Produce inactividade, adormecemento e nun primeiro momento sensación de pracer. Adicción. Risco de sobredoses. Enfermidades infecto-contaxiosas (VIH, hepatite B y C, tuberculose). Ansiedade, malestar xeral, dores, náuseas ou vómitos, diarrea, febre, dilatación pupilar
Outras drogas
Nome Nomes alternativos Presentación Vía admin. Efectos (tralo consumo) Consecuencias negativas (longo prazo) Síndrome abstinencia
LSD ácido, tripi Selos de papel, tabletas, cápsulas, tiras de xelatina Oral Psicodisléptico. Cambios emocionais rápidos e intensos. Viaxe psicodélico "Mal viaxe". "Flashback". Trastorno de ansiedade, depresivo e psicótico
Setas Fungos alucinóxenos (Psilocibina e Psilocina) Po, cápsulas y "smell bags" (bolsa para ulir) Oral Psicodisléptico. Euforia e viaxe psicodélico Despersonalización. Alucinacións e delirios. Crises de pánico
Volátiles Colas, pegamentos, gasolina Barras, sprays, líquido Inhalación de vapores Euforia, somnolencia e confusión Fatiga, diminución da memoria, depresión, agresividade, danos orgánicos múltiples
Drogas de síntese
Nome Nomes alternativos Presentación Vía admin. Efectos (tralo consumo) Consecuencias negativas (longo prazo) Síndrome abstinencia
Éxtase (MDMA) Pastis, pastillas, droga do amor Comprimidos de distintas formas e cores, cápsulas. Oral Estimulante/ Psicodisléptico. Produce hiperactividade, maior sociabilidade, aumento de temperatura, diminución de fatiga Destrución de neuronas. Golpe de calor e deshidratación. Posibles problemas de fígado e riles Poden aparecer síntomas como fatiga, tensión muscular ou irritabilidade relacionados con síntomas subagudos psiquiátricos que non teñen que ver co síndrome de abstinencia
Meta- anfetamina Speed, meth, chalk, ice, crystal Po branco Oral, fumada, inhalada ou inxectada. Estimulante. Diminución da sensación de fatiga. Euforia intensa (flash) Taquicardia. Hipertensión. Arritmias. Convulsións. Estados psicóticos (paranoias, alucinacións, delirios) Depresión, ansiedade e agotamento físico
GBH Éxtasis líquido * Habitualmente en forma líquida. A veces, po cristalino Oral Depresor/ Psicodisléptico. Relaxación, desexo de comunicación, ideas delirantes e alucinacións A relación dose/efectos é impredicible. Depresión respiratoria, cefalea e coma Insomnio, temblores, sudoración, ansiedade si se suspende o consumo habitual
PCP (fenciclidina) Po de anxo Po branco soluble, tabletas, cápsulas Oral, inhalada, fumada Depresor/ Psicodisléptico. Adormecemento extremidades, distorsión das percepcións visuais e auditivas Paranoia, alucinacións, delirio. Despersonalización condutas violentas e autodestructivas
Ketamina Especial K Líquido, po, etc Inxectada, inhalada Depresor/ Psicodisléptico. Dificultade para falar e pensar. Viaxe psicodélico Ansiedade. Paranoia. Parada cardiorespiratoria.
Popers Poppers Líquido inhalable Inhalada Depresor. Desinhibición, diminución do control Hipotensión, taquicardia, espasmo coronario. "Morte súbita por inhalación"
M-CPP Tiburón, lacoste, mitsubishi, versace, rolls-royce Comprimidos, po Oral Estimulante e alucinóxeno Náuseas, dor abdominal, dor de cabeza, dano renal, comportamento psicótico, brotes de violencia...

* Pese a que o GBH coñecese como "éxtase líquido" a súa composición e efectos son moi distintos ós da MDMA (éxtase).

Se queres ampliar a información sobre as diferentes sustancisa, no apartado de mocidade atoparás información máis detallada.