Orientación Sexual

Orientación Sexual

¿Que é?

É a orientación do noso desexo sexual.

A orientación do desexo fai referencia ó tipo de estímulos ós que as persoas sentímonos atraídas sexualmente, ós que se dirixe o noso interese sexual e con quen temos ou desexamos ter condutas sexuais.

O desexo sexual é un magnifico patrimonio da sexualidade humana que fai que a nosa sexualidade veña regulada por este desexo ou impulso de relacionaranos intimamente con outras persoas.

O desexo sexual é unha emoción que xunto coa atracción e co namoramento forman o que se coñecen como afectos sexuais. Séntese como un desexo ou necesidade de satisfacción sexual e manifestase por medio de interese erótico, fantasías, tensión, busca de proximidade con outra persoa.

A orientación sexual vaise configurando dende o nacemento; pero é na adolescencia onde se perfila (aínda que pode sufrir cambios ó longo de toda a vida). O que ocorre é que a adolescencia é unha etapa chea de cambios, de desexos de experimentar, de coñecerse a si mesmo e de relacionarse cos demais. Este afán de vivir novas experiencias fai que, en ocasións, se teñan fantasías ou se leven a cabo condutas homosexuais por diversas razóns (por medo a relacionarse co outro sexo, por probar algo novo...) Agora ben, isto non determina de forma definitiva a orientación sexual. Estas vivencias poden ser froito dun período de indecisión, de experimentación persoal, etc. Hai moitas persoas que, tras ter algunha práctica homosexual, consolidan a súa heterosexualidade. Outras persoas, en cambio, terminan definindo o seu desexo cara o mesmo sexo.

Tanto si estades felices de identificarvos coma unha u outra cousa, coma se aínda non vos apetece poñervos un cualificativo, ou estades en contra das etiquetas e das definicións cerradas, lembrade de que É COUSA VOSA. A fin de contas, a vosa sexualidade é vosa e vos sodes quen debe sentirse a gusto con ela.

Si tendes algunha dúbida acerca da vosa identidade ou da vosa orientación sexual, o mellor é que teñades un pouco de paciencia e non vos deixedes levar polos nervios ou la intranquilidade. Deixade que as cousas evolucionen, non as forcedes. Co tempo iredes tendo máis claro este tema, iredes cobrando seguridade e o voso desexo "aclararase". De todos xeitos, recordade que si tendes dúbidas ou problemas en relación con este tema, podedes pedir axuda a un profesional.

As diferentes orientacións

Calquera das orientacións do desexo supón unha maneira lexítima e saudable de vivir a sexualidade. Dende calquera orientación sexual podemos resolver as nosas necesidades afectivas sexuais e de relacións, culturais ....

HOMOSEXUALIDADE:

a orientación do desexo sexual homosexual dáse cando non sentimos atraídos /as por persoas do noso propio sexo.

HETEROSEXUALIDADE:

a orientación do desexo sexual heterosexual dáse cando nos sentimos atraídos/as por persoas do outro sexo.

BISEXUALIDADE:

a orientación do desexo sexual bisexual dáse cando nos sentimos atraídos/as por persoas de ambos sexos.

Sen embargo, debemos recordar que esta clasificación responde a unha forma de organizar as distintas expresións e vivencias do desexo sexual e non é máis ca iso, unha clasificación. A diversidade que conformamos as persoas e as nosas experiencias vitais, é MOI RICA E VARIADA, e non pode resumirse en conceptos tan limitados e que ademais, non inclúen elementos relacionados coa orientación do desexo como son o ter fantasías sexuais, a vinculación emocional (sentir tenrura, namoramento,...) e/ou ter relacións afectivas e sexuais.

Hai persoas que cando se definen a si mesmas, inclúen na súa definición se son heterosexuais, homosexuais ou bisexuais. Hai outras que non se definen neste sentido. O definirte ou non, e o compartir esta definición cos demais, é unha decisión persoal, o fundamental e ter claro que a túa vivencia sexual axudarache a resolver as túas necesidades de intimidade e vinculación, e que tanto a homosexualidade, como a heterosexualidade e a bisexualidade, son opcións igualmente válidas, satisfactorias e saudables.

O problema é que, aínda que a homosexualidade e a bisexualidade existiron dende sempre, ata fai pouco eran opcións moi mal vistas socialmente. De feito, a homosexualidade foi considerada unha enfermidade ata fai moi pouco tempo; as cousas foron cambiando pouco a pouco. Sen embargo, non debemos esquecer que aínda hai países nos que a práctica homosexual consentida entre adultos considerase delito; e aínda persisten, en moitos habitantes de países teoricamente "modernos", grandes prexuízos contra a homosexualidade. Todo isto fai que, para algunhas persoas, a confirmación e aceptación da súa orientación sexual sexa un proceso problemático, tanto pola propia dificultade de asumilo, como pola reacción do entorno.