Desenvolvemento Sexual

Desenvolvemento Sexual

Durante a puberdade e adolescencia experimentamos importantes cambios que te sitúan ante ti mesmo/a e os/as demais persoas cun novo corpo é unha nova forma de ser e entender o mundo. É algo universal que sucede a todas as persoas, aínda que cada unha faino ó seu ritmo: todas as persoas somos diferentes.

¿Cando comeza?: As rapazas soen comezar a puberdade entre os 8 e os 13 anos e os rapaces entre os 10 e os 15 anos, aínda como xa sabes, cada persoa vai ó sei ritmo.

E, ¿que cambios se dan?: Ímonos convertendo en adulto por dentro e por fóra.

Cambios físicos

Son os cambios hormonais os que desencadean as transformacións en corpo adulto:

  • Aumenta a estatura, os chamados "estiróns".
  • Tamén o peso e a silueta transfórmanse.
  • Aparece o vello en zonas onde antes non as había (axilas, xenitais, peito,...).
  • Aparecen os grans. O acne pode saír na cara, ombreiros, .... e mellora ou desaparece ó final da adolescencia. Aínda que sexa molesto é sinal de que te estás desenrolando axeitadamente.
  • As axilas e os xenitais comezan a desprender un olor característico e forte. É algo natural e todas as persoas o temos.
  • Aparece a menstruación e as primeiras exaculacións.

Ademais, os rapaces notaredes que:

  • Os ombros se ensanchan e desenrolades a musculatura.
  • A voz cambia, e ás veces, quebra.
  • Pode que os peitos crezan (desaparece trala puberdade).
  • Crecen os testículos e o pene, que tamén se ensancha.
  • Comezan as ereccións, ás veces cando fantasías e pensas en algo e outras veces sen motivo. Pode que algunhas mañás te espertes mollado, o que se soe chamar polución nocturna, xa que mentres durmías exaculaches. É algo normal e que indica que o corpo está a crecer. Pero co tempo soen ser menos frecuentes e interrómpense.

E, as rapazas notaredes que:

  • Ensánchanse as cadeiras.
  • Crecen as mamas e prodúcese unha pequena inchazón no pezón. As mamas poden crecer a ritmos diferentes e aínda que se van igualando teñen pequenas diferenzas de tamaño.
  • Aumenta a graxa corporal e o peso.
  • Sae unha secreción mucosa e branca da vaxina.

Cambios psicolóxicos

Tanto o noso corpo como a nosa mente necesitan adaptarse aos cambios hormonais, polo que tamén cambiamos no noso interior:

Por un lado sentes que queres máis autonomía na relación coa túa familia, as amizades as vólvense moi importantes e sérvenche de referencia e apoio, sentes a necesidade de confiar e compartir cunha persoa intimidade e descobres a masturbación co teu propio corpo, as posibilidades de experimentar pracer, de favorecer a autoestima, superar tensións, ter relacións afectivo sexuais, compartindo a sexualidade con outra/s persoa/s necesidade de "participar" no mundo adulto....

Por outro lado desenvólvense novas capacidades intelectuais que che permiten:

  • acceder ó mundo abstracto : diferenciar o real do posible facer hipóteses, razoar e extraer conclusións...
  • por en tela de xuízo todo aquilo que ata de agora resultara inamovible.
  • pensar sobre os propios pensamentos: a capacidade de reflexión e de mirar para dentro dun mesmo/a.

Todos estes cambios poden facerte sentir confusión: a transformación do corpo, o experimentar sensacións novas con moita intensidade (aparición do desexo e a atracción sexual , do namoramento, o descubrimento e procura do pracer...), cambios no estado anímico (moita sensibilidade, enfado...), descubrimento das novas capacidades, moitas dúbidas e preguntas... É importante que atopes respostas ás túas preguntas, busca información correcta e comparte con outras persoas como te sentes....

O cambio no corpo pode xerar ansiedade se te comparas cos modelos de beleza impostos pola sociedade e por sentirte ás veces diferentes (o máis alto, a primeira que se lle desenvolven as mamas...). Recordemos que cada persoa se desenvolve ao seu ritmo, que non hai unha beleza única e que o que fai fermoso a un corpo é o ser único e a súa capacidade de sentir e facer sentir, de transmitir, de gozar,...

Saber que todo isto ocorre, e que forma parte do noso desenvolvemento e que che vaiche permitir coñecerte e vivir o dia a día dende outra perspectiva, vaiche axudar a vivir este proceso positivamente.