Novas tecnoloxías

Novas tecnoloxías

As TICS (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) son todas aquelas ferramentas e programas que tratan, administran, transmiten e comparten a información mediante soportes tecnolóxicos. Abarcan desde as tecnoloxías clásicas como a radio e a televisión ata as novas tecnoloxías centradas fundamentalmente en internet. Dentro destas últimas poden incluírse unha ampla variedade, aínda que as máis usadas son o ordenador, internet, teléfono móbil e televisión. Estes non soamente teñen efectos positivos senón que tamén poden presentar riscos sobre a saúde.