Conceptos básicos

Conceptos básicos

Coñécense como drogas a todas aquelas sustancias que reúnen as seguintes características:

  • Una vez no noso organismo, diríxense a través da nosa sangue ó cerebro e modifican o seu ecosistema de maneira variable.
  • O seu uso regular pode xerar procesos coñecidos como:

    • Tolerancia: a medida que o organismo vaise adaptando á presenza regular da sustancia, necesitase unha maior cantidade para producir os mesmos efectos.
    • Dependencia: tras un uso habitual, máis ou menos prolongado, a persoa necesita consumir a sustancia de que se trate para non experimentar síntomas de abstinencia (dependencia física), e/ou para afronta-la vida cotiá (dependencia psicolóxica).
  • O seu abuso pode provocar diferentes tipos de trastornos:

    • Trastornos físicos, cando danan o organismo como consecuencia da súa toxicidade: por exemplo, una bronquite crónica causada polo tabaco.
    • Trastornos psicolóxicos, cando inciden negativamente sobre a relación da persoa consigo mesma o co seu entorno afectivo, como ocorre nos conflitos de parella polo abuso do alcohol.
    • Trastornos sociais, cando impactan sobre a comunidade, como ocorre cos accidentes de tráfico provocados por condutores/as baixo os efectos das drogas.

Aínda que por comodidade tendamos a percibir todas as drogas como iguais, atopámonos ante situacións moi diferentes. Aprender a distinguir axudaranos a chamar a cada realidade polo se nome. E que, nin todo consumidor/a é “drogadicto/a” (termo despectivo a desterrar) nin todo consumo de drogas no que non exista dependencia é por completo inofensivo. É necesario, polo tanto, establecer tres tipo básicos de relacións coas drogas:

  • Uso: é aquela relación cas drogas na que, tanto pola súa cantidade, como pola súa frecuencia e pola propia situación física, psíquica e social do suxeito, non se producen consecuencias inmediatas o consumido/a nin sobre o seu entorno.

    Na práctica é moi difícil definir un consumo coma “uso”, xa que son moitos os factores a considerar que o que para un consumidor/a podería parecer un uso moderado pode estar traspasando as fronteiras do abuso para un observador/a neutral. E, ademais non todas as drogas permiten unha relación de estas características.

  • Abuso: é aquela relación cas drogas na que, ben pola cantidade, frecuencia e pola propia situación física, psíquica e social da persoa prodúcense consecuencias negativas para o consumidor/a e/ou para o seu entorno.

    Por exemplo, alguén podería consumir cocaína nun soa ocasión, pero facelo en tal cantidade qua desencadee algún tipo de accidente cerebral. Mais alá de ideas preconcibidas, en cada acaso temos que analizar diversos elementos (sustancia - pautas de consumo - contexto) e decidir se é unha situación de uso ou abuso.

  • Dependencia: dáselle prioridade ó uso dunha sustancia psicoactiva fronte a outras condutas consideradas antes como máis importantes. Un persoa, que quizais comezou a consumir coma unha experiencia esporádica sen aparente trascendencia pasa a convertese,a sustancia, no eixo da súa vida (dedicará a maior parte do seu tempo a pensar no consumo de drogas, a buscalas, a obter diñeiro para compralas, a consumilas, a recuperarse dos seus efectos, etc).

    O concepto da dependencia contempla dúas dimensións:

    • Dependencia física: o organismo habituouse á presenza constante da droga, de tal xeito que precisa manter un determinado nivel en sangue para funcionar con normalidade. Cando este nivel baixa de certo límite aparece ó síndrome de abstinencia ( para cada sustancia é diferente).

      A dependencia está moi asociada á tolerancia: nos primeiros consumos a sustancia afecta notablemente as doses moi baixas, pero co consumo habitual o organismo adaptase ó tóxico como medida de protección. Se unha persoa dependente abandona o consumo a tolerancia tamén diminúe pero pasado un tempo se o reanuda coas doses anteriores sofrirá unha intoxicación aguda.

    • Dependencia psíquica: compulsión por consumir unha droga, para experimentar un estado afectivo agradable (pracer, euforia, sociabilidade...) ou librarse dun estado desagradable (aburrimento, timidez, estres...).

A dependencia física é relativamente fácil de superar tras un período de desintoxicación (depende da droga, pero como máximo durante 15 días), pero é máis difícil desactivar a psíquica, xa que require introducir cambios na conduta e mas emocións.

A información é un recurso necesario pata poder tomar decisións intelixentes e autónomas, ante calquera desafío. Os riscos reais proceden da ignorancia. Non hai elección libre sen un saber axeitado. Unha sociedade máis culta, mais informada e mellor formada sobre as drogas, será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas.

A continuación presentámosche información obxectiva, científica e útil. Non se trata aquí de formar expertos/as senón que poidas contraer unha cultura máis racional sobre as drogas e así poder crear unha percepción que te axude a adoptar unha actitude autónoma, consciente dos pros e contras que envolven calquera decisión.

Existen variadas clasificacións, segundo o seu estatus legal, a súa toxicidade, ... pero aquí centrarémonos no efecto que provocan sobre o cerebro humano, xa que a súa principal esa característica é esa psicoactividade.

Drogas depresoras do sistema nervioso central

Teñen en común a súa capacidade para entorpecer o funcionamento habitual do cerebro, provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata o coma, nun proceso progresivo de adormecemento cerebral. As máis importantes son:

  • Alcohol.
  • Opiáceos: heroína, morfina, metadona, etc.
  • Tranquilizantes: pastillas para calma-la ansiedade.
  • Hipnóticos: pastillas para durmir.

Drogas estimulantes do sistema nervioso central

Grupo de sustancias que aceleran o funcionamento habitual do cerebro provocando un estado de activación que pode ir dende unha maior dificultade para durmir tras o consumo de café, ata un estado de hiperactividade tras o consumo de cocaína ou anfetaminas. Entre estas podemos destacar pola súa relevancia:

  • Estimulantes maiores: anfetaminas e cocaína.
  • Estimulantes menores: nicotina.
  • Xantinas: cafeína, teobromina, etc.

Drogas perturbadoras do sistema nervioso central

Sustancias que perturban o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións, etc.. Algunhas das máis frecuentes son:

  • Alucinóxenos: LSD, mescalina, etc.
  • Derivados do cannabis: haxix, marihuana, etc.
  • Drogas de sínteses: éxtase, etc.

As drogas poden consumirse por diversas vías:

  • Fumada (haxix e tabaco).
  • Inxerida por vía oral (alcohol e drogas de síntese).
  • Aspirada (cocaína e speed).
  • Inhalada (colas).
  • Inxectada (heroína).

Xa sexa unha ou outra a vía elixida, o destino final da sustancia sempre é o cerebro do consumidor/a, ó que chega a través do sangue. Unha vez no seu destino, cada sustancia produce alteracións específicas.

Consumir unha droga non o converte a un automaticamente nun drogadicto. Por outro lado o consumo de drogas sen que exista dependencia non é necesariamente inofensivo.