Alucinóxenos

Alucinóxenos

Son sustancias perturbadoras do sistema nervioso central que provocan alteracións no funcionamento neuroquímico cerebral que afectan á percepción da realidade, podendo dar lugar a trastornos sensoriais severos e alucinacións.

A maioría desta drogas proceden de cactos e fungos. En Europa é clásico o uso da Amanita muscaria. O alucinóxeno máis usado en Europa é a dietilamida de ácido lisérxico ou LSD (“tripi”) que se consume por vía oral de diversas formas: micropuntos, follas de papel absorbente con diversos motivos gráfico, terróns de azucre impregnados, etc. O LSD ten un forte efecto á media hora do seu consumo que pode durar ata 8 horas.

Efectos e riscos dos alucinóxenos
Psicolóxicos Fisiolóxicos
Efectos
  • Alteración da percepción, incluíndo a propia autoimaxe.
  • Hipersensibilidade sensorial.
  • Deformación da percepción de tempo e espazo.
  • Alucinacións.
  • Ideas delirantes.
  • Euforia.
  • Confusión mental.
  • Verborrea.
  • Hiperactividade.
  • Experiencia mística.
  • Taquicardia.
  • Hipertermia.
  • Hipotensión.
  • Dilatación de la pupila.
  • Descoordinación motora.
Riscos
  • Reaccións de pánico (mal viaxe).
  • Intento de suicidio.
  • Reaccións psicóticas.
  • Reaparicións de alucinacións sen ter consumido a sustancia (flash-back).

Dado o esporádico do seu consumo, non existen probas de danos físicos, sendo na esfera psicolóxica onde está a maior probabilidade deconsecuencias adversas.

En primeiro lugar, hai que aclarar que a análise do consumo de alucinóxenos inclúe tamén o de cogomelos alucinóxenas e ketamina, posto que estas dúas últimas substancias atópanse incluídas entre os alucinóxenos mencionados na pregunta correspondente do cuestionario EDADES 2015, independentemente de que este contemple outra serie de preguntas específicas para cogomelos máxicos ou alucinóxenos e ketamina.

A porcentaxe de poboación que consumiu alucinóxenos algunha vez na vida sitúase no 3,8%, moi similar ao obtido en 2013. A prevalencia deste tipo de substancias aumentou entre os anos 1999 (1,9%) e 2007 (3,8%) e, desde entón, mantívose ao redor desta última cifra (coa excepción de 2011).

Entre a poboación xeral, a extensión do consumo de alucinóxenos para os últimos 12 meses e os últimos 30 días é residual e non chegou a alcanzar o 1% durante toda a serie temporal da enquisa EDADES.

O primeiro consumo de alucinóxenos prodúcese aos 20,3 anos máis ou menos. Nos últimos 12 meses, o grupo que rexistra unha maior prevalencia é o dos homes de 15 a 24 anos (1,7%), superando no medio punto porcentual ao dato rexistrado entre as mozas desa idade.