Holaa

Doeme moito a barriga dende fai unha semana e a regra non me ven dende fai un mes ou mais,

podría estar embarazada?

22-07-2016

A ausencia da regra pode ser debida a multitude de factores, sobre todo nas mozas, como pode ser por un desequilibrio na produción de hormonas, unha dieta inadecuada, estrés....

En todo caso se mantiveches relacións sexuais sen protección, ou o método que utilizaches pensas que pudo fallar, para saír de dúbidas o mellor é realizar un test de embarazo co que poderías obter un resultado moi fiable.

En caso de dar negativo, si continúas sen menstruar no segundo mes, deberías visitar o teu médico.

Respecto a dor de barriga tamén se pode deber a moitas causas. No caso dos embarazos o principio moitas embarazadas presentan dor na parte de abaixo da barriga, parecido a cando vai baixar a regra, que soe ir acompañado dunha maior sensibilidade e tensión nas mamas e, nalgunhos casos dor de cabeza, náuseas e vómitos.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco. Grazas.