Facerse moitas pallas (masturbación masculina) é malo?

É dicir, refírome a se me pode afectar ó desenvolvemento por que teño 15 anos e se teño que controlar máis tempo a exaculación e iso …

21-06-2018

La masturbación é un feito natural ó longo da vida que nace da exploración e o coñecemento do propio corpo.

Non ten ningún tipo de consecuencias negativas, todo o contrario é unha práctica saudable, xa que nos permite o autocoñecemento do noso corpo, sobre todo na adolescencia, un momento no que o corpo está suxeito a tantos cambios.

Coñecer o teu corpo permitirache ter maior seguridade en ti mesmo, ter conciencia dos teus xenitais e saber como reaccionan ás caricias.

Axuda a relaxarse. Os orgasmos provocan liberación das hormonas chamadas endorfinas que son as responsables de que o organismo se relaxe. E proporciona alivio da tensión sexual.

Tamén é unha práctica sexual que podemos compartir con outras persoas se nos apetece.

En canto, o control da exaculación é algo que adquirirás coa práctica pero non debes obsesionarte, senón que o máis importante que descubras o teu corpo e as sensacións pracenteiras que este che pode dar.A masturbación é unha maneira de querernos e gozar con vos mesmos/as.

Sobre cantas veces é normal masturbarse, non hai baremo que estableza o que é normal, hai persoas que se masturban todos os días e outras ocasionalmente e incluso hai xente que non o fai.