Encóntrase en:
Aínda que non sexamos conscientes diso, educamos sobre sexualidade ós nosos fillos/as continuamente, a través dos nosos pudores, as nosas caricias, os nosos silencios ou opinións. Transmitimos valores e actitudes que van definir a forma en que van vivir a súa sexualidade no futuro.
Por iso, é necesario que asumamos o noso protagonismo e aceptemos que a educación sexual é algo máis que falar de preservativos ou contar de onde veñen os nenos/as. Unha Educación sexual de calidade debe dirixirse a que os nosos fillos e fillas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar a súa sexualidade de modo que sexan felices. E todo iso partindo dunha premisa que debemos ter moi clara; todos os pais e nais estamos perfectamente capacitados para transmitir unha educación sexual de calidade.
Con independencia das responsabilidades que en relación con este tema recaian en "terceiras" persoas ou institucións (profesorado, escola, sanitarios, centros de información en sexualidade, Administración...), pais e nais temos as nosas, dende o inicio da nosa paternidade e maternidade.
Ninguén as vai asumir por nós..., e ademais, a nosa implicación é necesaria.
Pais e nais desempeñamos dende o inicio un papel básico, aínda que non exento de limitacións, na educación sexual dos nosos fillos e fillas. É tarefa dos pais/nais dar agarimo e afecto, advertir contra os riscos e establecer límites e normas aos fillos, pero debe haber unha fronteira que respecte a súa intimidade.
Con todo, pais e nais podemos construír un marco de referencia coa nosa propia forma de comportarnos e de establecer as relacións persoais, onde o implícito adquire unha extraordinaria importancia, en tanto relacionado con actitudes e comportamentos, fronte ás limitacións do explícito, en tanto discurso teórico. Deica que poñamos especial coidado para que haxa coherencia entre o que dicimos e o que facemos.
É esperable e perfectamente normal (e ademais, san) que nun momento dado da adolescencia, cando os nosos fillos/fillas empezan a vivir novas inquietudes sexuais e teñen necesidade de falar diso, busquen outros interlocutores diferentes aos seus pais/nais. Entón será importante que lles facilitemos información sobre recursos existentes onde poidan acudir para obter información e, chegado o caso, onde poidan recibir atención sanitaria (p. ex., para o uso de anticonceptivos...).
A información, as nosas indicacións teranse que adecuar á idade, ao xénero, ao desenvolvemento evolutivo, nunha palabra, haberá que particularizar a nosa axuda ás características específicas dos nosos fillos/as, e chegado o momento e antes de que empecen a ter relacións sexuais, haberá que explicarlles que estas poden entrañar riscos cando se realizan sen unha mínima reflexión e sentido da responsabilidade. Riscos que poden truncar o proxecto vital, os plans de futuro dos nosos/as adolescentes, como é a posibilidade dun embarazo non desexado ou a adquisición dunha infección de transmisión sexual, entre as que destaca, pola súa gravidade, o VIH/SIDA, e que teremos que asegurarnos que non son ignorados polos nosos fillos/as, como tamén haberá que ter en conta as tensións, angustias?, que na esfera do emocional poidan ocorrer e que do mesmo xeito requirirán a nosa atención.
¿Amigos/as, conselleiros/as? Pais/nais. Os nosos fillos/as necesitan un pai e unha nai, rol que non ten substituto nin substituta. Despois virá cal é a mellor forma de exercer este rol.
Cousas a ter en conta:
Pero tamén temos cousas ao noso favor: Calquera pai ou nai está capacitado para facer Educación Sexual:
Non é necesario ser experto ou experta, basta con coñecer unha boa información básica sobre os aspectos máis relevantes e non deixarnos levar polos nosos medos, tabús, etc. Ás veces é suficiente con saber que recursos hai no barrio, pobo, cidade onde poder derivarlles para que sexan informados e/ou atendidos/as.
Non hai que ter medo ás preguntas dos nosos fillos e fillas. Algunhas veces non buscan unha resposta "académica" e si unha provocación, unha forma de ver como reaccionamos. Outras pode tratarse dunha invitación ao xogo, ao diálogo. Ademais, a solución non está nas respostas que deamos senón nas respostas que eles ou elas atopen. É o camiño que ten que percorrer ata atopar esas propias respostas o verdadeiramente importante.
Por isto o obxectivo que perseguimos é aportar algunhas ideas sinxelas que nos sirvan de guía para educar sobre sexualidade ós nosos fillos e fillas e que nos sexa de utilidade e que nos axude a recapacitar e mellorar o noso papel educativo ante o dereito dos nosos fillos e fillas a levar unha vida sexualmente satisfactoria.
Ideas sinxelas á modo de guía á hora de falar cos nosos fillos/as:
Ante todo deixar claro, que con nós pódese falar: Se é que eles/elas tamén queren.
É importante crear unha atmosfera positiva e de confianza. A nosa actitude fronte ás primeira/as pregunta/as vai a condicionar a posibilidade de que no futuro existan máis. Pero, aínda que atendamos debidamente as súas preocupacións e dúbidas, isto non nos asegura que nos sigan preguntando, sobre todo durante a adolescencia. Debemos aceptar que unha persoa nova teña secretos inviolables ou que nunha determinada etapa busque outros interlocutores para falar. Pero debemos tratar de falar daquelas cousas que creamos son importantes. E que cada cal debe decidir libremente canto "desexa" dicir.
Non vale a imposición:
¿Significa iso que debemos asistir impasibles ao desenvolvemento da sexualidade dos nosos fillos/as?. Por suposto que non, só que as nosas intervencións teñen que partir desde da idea de que nosa forma de entender a sexualidade non ter por que ser igual. É totalmente lexítimo facerlles ver como a entendemos e,seguramente, no proceso de madurez atópemos nos un punto de encontro. Temos que darlles tempo "para chegar a ser".
O afecto e o cariño son básicos para adquirir confianza e seguridade:
Afirmación que é válida para calquera idade, só varía a forma de manifestar o noso afecto: caricias, abrazos ou simplemente coas palabras, pero que as nosas fillas e fillos séntanse queridos e valorados. Pode ocorrer que eles e elas non saiban correspondernos ou non o fagan no momento en que a nós/as gustaríanos ou da forma máis "visible". Non debemos darlle importancia e si a estar receptivos cando eles e/ou elas maniféstennos o seu afecto.
Naturalidade:
Debemos estar preparados/as para abordar os temas relacionados coa sexualidade dende a proximidade e ca mesma linguaxe que utilizamos para falar doutras cuestións.
Mostrar atención, interese, que importa:
Hai que saber escoitar e ter boa disposición, a mesma que esperamos recibir. Prestemos toda a nosa atención, deixémolos intervir, sen interrompelos. Hai que responder a todas as preguntas con sinceridade. Hai que escoitar "co oído e a mirada".
Manter unha actitude positiva:
Debemos de evitar o ton crítico e o desacordo non razoado e irrespectuoso e dar criterios e alternativas dicindo os "porqués" e tratar de non facer xuízos de valor.
Facer un esforzo de comprensión para saber interpretar:
A nosa experiencia pode ser dunha gran axuda se sabemos situala no lugar debido. Os fillos, as fillas a miúdo son espellos onde nos podemos ver reflectidos/as, e isto que debería facilitar a comprensión, pode volverse en contra ó proxectar neles/as as se as frustracións que puidemos sufrir no noso "proceso sexual". Compartir cos nosos fillos que tamén coñecemos fases de dúbidas e de incertezas pode supoñer unha contribución importante ao seu proceso de autocoñecemento. Ao explicar aos nosos fillos/as como superamos os erros e como construímos a partir deles, demostrámoslles tamén que "facer o ridículo", por exemplo, non é o fin do mundo, aínda que nese momento así o sentan.
As preguntas non sempre chegan:
Sobre todo nalgunhas fases da adolescencia. Nalgúns temas non hai que esperar a que nos pregunten, pero hai que elixir o momento e a forma máis axeitada. Temos que ter en conta que existen outras fontes de información (amigos/as , medios de comunicación, escola, internet,...) ás que poden acudir.
O importante é a nosa actitude: