Psicofármacos

Psicofármacos

Os psicofármacos son sustancias depresoras do sistema nervioso central cunha acción sedante. O grupo máis utilizado é o das benzodiazepinas, usadas xeralmente no tratamento da ansiedade, o insomnio, a epilepsia e outros trastornos, por iso pode ser axeitado referirse a ela scomo hipnosedantes.

Teñen acción sedante, causando sedación diúrna a doses baixas e inducindo ó sono con doses máis elevadas.

Efectos e riscos dos psicofármacos
Psicolóxicos Fisiolóxicos
Efectos
  • Diminución da ansiedade
  • Desinhibición
  • Sedación
  • Somnolencia
  • Sono
Sedación que aumenta en función da cantidade consumida
Riscos Diminución do nivel de conciencia podendo chegar ó estupor, o coma e a morte nos casos máis graves
  • Torpeza na execución de tarefas motorizadas.
  • Marcha inestable.
  • Disartria (dificultade na fala), Somnolencia.

Potencian ós efectos doutros depresores dos sistema nerviosos central, como o alcohol, e poden desenrolar dependencia.

O síndrome de abstinencia (que pode durar de 10 días a varias semanas) presenta insomnio, tremores, irritabilidade, inquietude, axitación e ataques de pánico. Pode haber tamén alteracións cognitivas da percepción e somáticas.

Os tranquilizantes (pastillas para tranquilizarse, diminuír os nervios ou a ansiedade) e os somníferos son consumidos por proporcións importantes da poboación en moitos países, na maior parte dos casos prescritas ou receitadas polos médicos/as. No ano 2007-08 en España un 15,4% da poboación de 15-64 anos consumira hipnosedantes con ou sen receita médica algunha vez na vida (13,0% tranquilizantes, e 4,6% somníferos), un 8,6% nos últimos 12 meses (6,9% tranquilizantes e 3,8% somníferos) e un 5,9% nos últimos 30 días (4,7% tranquilizantes e 2,5% somníferos). Ademais 3,1% consumíraos diariamente nos últimos 30 días (2,6% tranquilizantes e 1,1% somníferos). A prevalencia de consumo foi máis elevada entre as mulleres e entre a poboación de 35-64 anos.