Pregúntanos

  • duda

    Se algunha ves tomaches a pastilla do día despois, iso inflúe en que non poidas ter fillos nun futuro?

  • ¿Qué podo facer? ¿É a miña culpa?

    Cando eu máis o meu mozo temos relacións sexuais, el nunca chega ao orgasmo e nunca se corre. ¿Isto quere dicir que non disfruta a hora de facelo ou a que pode deberse?

    ¿É culpa miña porque ao mellor non lle gusta como o fago?

    Perdón polas molestias e grazas.

  • duda

    Ola María, eu teño unha dúbida un pouco rara. Eu tomei como 2 ou 3 pastillas da píldora do día despois fai xa bastante tempo e ne meses diferentes e así. Iso inflúe en que nun futuro non poida ter fillos?

  • Problemas referidos as relacións sexuais.

    O meu problema é que cando teño relacións sexuais co meu mozo só sinto dor, non teño pracer ningún e él nunca chegou a correrse ou ter un orgasmo, eu pensaba que a partir da primeira vez xa non me doería e comezaría a sentir pracer, pero non. Cando me fai dedos (perdón por decilo así) tamén me doe bastante. O caso é que non sei que facer para comezar a disfrutalo, porque nunca me puxen nerviosa nin fun con mente negativa a hora de facelo. Cando teño a regra e nos refrexamos, logo ao sacalo tampón e facer as miñas necesidades, dóeme moito. ¿Que podo facer? Grazas.

  • Dubida

    Acabei a semana de descanso e hoxe volvo a empezar ca pastilla, si hoxe fago algo co meu mozo hai riscos?

  • Dúbida

    A píldora na semana de descanso tamén che prevén de embarazos

  • Importante

    Non te preocupes, as relacións sexuais non inflúen á hora de que che baixe a regra. Durante a semana de descanso da píldora anticonceptiva é cando esta baixa, pero non sempre no primeiro día, pode tarde un par de días.

    Lembra, ademais que un dos efectos secundarios máis frecuentes en relación á pílula anticonceptiva é que esta altera os ciclos menstruais. A cantidade de sangrado menstrual diminúe e mesmo nalgunhas mulleres, pode chegar a desaparecer. Tamén que cambia o aspecto da menstruación, que se volve dunha cor máis escura.

     

    Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.

  • Importante

    Ola María, acabei a caixa da pastilla o mércores, é dicir, onte e hoxe tiven relacións ca miña parella. É que teño entendido que estou cuberta na semana de descanso, pero quero confirmalo para estar tranquila, hai algunha posibilidades de que quedara embarazada?

  • Tema distinto

    Ola María, son unha rapaza de 18 anos que vai repetir segundo de bacharelato. Eu quería estudar enfermería pero este ano non foi moi bo tanto a nivel persoal como académico e é a primeira vez que repito e a primeira vez que vou con algunha asignatura para setembro, de primeiro de bacharelato teño de media un 7.4 Eu queira que me dixeras, si puideras, como podo facer pa organizarme este curso para poder sacar unha media de un oito largo, grazas.

  • Importante.

    Ola María, pois eu quería dicirche que levo un par de días preocupada porque me vexo barriga, eu estou tomando a píldora e o tomo todos os días á mesma hora, pero o mes pasado estiven con antibiótico e acabei a píldora antes que o antibiótico, é dicir, a pastilla acabeina o mércores e o antibiótico o venres mais ou menos e houbo a semana de descanso. Empecei a pastilla este mes un xoves e tiven relacións á segunda pastilla tomada. Véxome barriga, non sei se estou obsesionada ou non sei, quédanme 6 pastillas para acabar a caixa deste mes e xa teño os peitos un pouco inchados, eu creo que son cousas miñas pero necesito quitarmo da cabeza porque ando seguido a mirar a barriga.

  • Esta é a miña pregunta:

    Hola María, saberías dalgún método caseiro para practicar un aborto?.E para unha compañeira de 19 anos que xa non sabe que facer e nas redes sociais faláronlle das pastillas cytotec e misotropol pero o problema e que non sabe onde conseguilas. Pódesme axudar a darlle resposta? Grazas. (Por favor, evita sermóns do estilo de "ten que seguir adiante" ou " falar antes con seus pais" ), grazas. Esta paxina e completamente anónima, verdade?

  • Importante

    Ola María, eu queríache facer unha pregunta, hai unha semana que acabei co antibiótico e hoxe empece a cuarta caixa de pastillas anticonceptivas se hoxe fago algo coa miña parella , pode haber riscos de embarazo?

  • Dúbida

    Ola María, son a moza que che escribiu o domingo, o luns fun ao doutor e fíxome unha ecografía estaba todo limpo e díxome que esas manchas que tiven o sábado é da regra.

    Agora unha pregunta que che quería facer, como che comentei estiven a tomar antibiótico e acabei as pastillas o mércores e o antibiótico sobre o venres, o efecto do antibiótico anula o efecto da píldora a semana de descanso?. Eu claro está que non vou facer nada por se acaso pero hoxe estivemos a xogar e tal e fixemos como o outro dia, penetración sobre, creo, que chegaría aos 2 minutos nada máis, hai risco de embarazo?

  • Importante

    Ola María, fai 3 meses que empecei ca píldora diaria e cando rematei a primeira caixa baixoume un manchado marrón aos tres días pero pouco e non manchaba nada. Así me pasou ao rematar a segunda caixa o mesmo, pero nesta terceira caixa tiven infección de orina e estiven tomando antibiótico, a píldora tomaba ás 8 da mañá e o antibiótico as 11 ou 11 e algo. O problema e que un día na casa do meu mozo estabamos como xogando e penetroume por uns minutos pero non se correu nin nada despois non volvín a tomar o antibiótico e volvino a facer pero sen correrse nin dentro nin fora porque eu non estaba segura de si era seguro ou non, agora acabei a pastilla o mércores e o sábado, é dicir onte, manchei marrón pero hoxe xa non volvín a manchar e non sei si e pola píldora si non, a verdade estou moi nerviosa porque eu tomeina todos os días a mesma hora.

  • Pílula diaria

    Ola María, son unha rapaza de 16 anos e habitualmente manteño relacións co meu mozo e quería empezar a tomar os anticonceptivos diarios pero non sei a onde teño que ir nin que teño que facer. Hai algunha maneira de que na miña casa non o saiban aínda ou necesito a algún dos meus pais responde en canto podas. Por favor, un bico.