XVII Escola de Pais e Nais

Cartel informativo

07/10/2010

A Asociación Antidroga RENACER pon en funcionamento este mes a XVII Escola de Pais/Nais correspondente ó curso 2010/2011.

Así, a XVII Escola de Pais e Nais será un espazo de información, formación e reflexión dirixido a pais e nais, sobre aspectos relacionados coas funcións parentais. Un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco,e contribuír a modificacións de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.

Os pais de nais poderán participar na presente edición:

  • de forma continuada, ó longo de varios meses, cun programa que xirará en torno á familia e posibles situacións problemáticas que poidan presentarse, desenrolo evolutivo, grupo e convivencia familiar, comunicación e desenvolvemento persoal, e a influencia dos medios de comunicación,
  • de forma puntual, participando en obradoiros, cunha duración determinada, con contidos específicos: Habilidades de Comunicación, Resolución de Conflitos e Educación para a Saúde (sexualidade, trastornos alimentarios e prevención de drogodependencias). As intervencións faranse en funcións dos intereses dos pais/nais.

Tanto o lugar de realización (poderanse facer nos centros de ensino ou na sede da asociación) coma as datas de realización estableceranse cando se formen os grupos (cun mínimo de 12 persoas) en función da dispoñibilidade do mesmos. O horario de realización tamén se adecuará a dispoñibilidade dos grupos, podendo ser tanto de mañá como de tarde.

Para calquera cuestión non dubiden en poñerse en contacto connosco, tanto na sede da asociación como por vía telefónica ou mediante un correo electrónico.