O goberno deixa sen financiación pílulas anticonceptivas de terceira xeración

Man con dúas pílulas

06/09/2013

A sanidade pública deixou de financiar dende o 1 de agosto oito pílulas anticonceptivas compostas por etinilestradiol e drospirenona, unha combinación de principios que se coñecen como de terceira xeración de terceira xeración, polas que até agora as usuarias só pagaban o 40% (supoñen un total de 15 presentacións). Os anticonceptivos orais hormonais que pasarán a ser de pago íntegro para as usuarias son Dretine, Dretinelle, Drosure, Drosurelle, Drosiane, Drosianelle, Liofora e Yira.

Os anticonceptivos que seguen contando con financiación son: Ovoplex, Rigevidon, Loette, Linelle, Levobel, Desogestrel/Etinestadiol Mylan, Cerazet, Desogestrel Cinfa, Debunica, Diane 35 (e os seus xenéricos, pero en este caso su uso non debe ser como anticonceptivo), Implanon NX (implante subdérmico base de proxestáxeno) e Depo Progevera (un proxestáxeno en inxección intramuscular).

O Ministerio de Sanidade insiste en que non hai baleiro terapéutico porque hai alternativas. Sanidade asegurou que a saída destes anticonceptivos do catálogo dos que se financian con diñeiro público débese a criterios de "sustentabilidade e de optimización de recursos". Dende o ente público aseguraron que a exclusión débese a que os laboratorios fabricantes non consideraron óptimo o prezo mínimo fixado pola comisión de Sanidade (de 3 euros). O Ministerio o xustificao así: "Algúns laboratorios que preferiron comercializar os seus fármacos a prezos maiores retiraron os seus produtos do financiamento. Isto non supón ningún prexuízo para as pacientes, posto que se trata dunha decisión de carácter económico. Ademais, os anticonceptivos que non están financiados non demostraron ningún beneficio extra sobre os que si o están que xustifique a comercialización a un prezo maior".

Pero algunhas asociacións temen que detrás desta medida escóndase "un intento de non financiar a anticoncepción". A pílula é o segundo método anticonceptivo máis empregado en España, por detrás do preservativo. Calcúlase que hai dous millóns de españolas que toman estas pastillas para previr embarazos non desexados; delas, unhas 200.000 están en Galicia.

Dende a Sociedade Española de Contracepción rexeita esta decisión e manifesta que “ é un obstáculo máis para o acceso de millóns de mulleres á anticoncepción con métodos modernos e contrastados, así como unha regresión nos avances científicos e sociais alcanzados nas últimas décadas“.

Indican que a gran diferenza con outros produtos non é a súa eficacia nin seguridade (garantidos nos mesmos niveis), senón os seus efectos secundarios. Por exemplo, estes anticonceptivos axudan a eliminar líquidos (un dos problemas dos que se queixaban as usuarias dos fármacos anteriores); reducen a acne e xeran menos graxa na pel ou o pelo. Por iso son os máis demandados do seu grupo, calcúlase que a metade das consumidoras de pílulas os toman.

Trátase de compostos hormonais que se incluíron en 2011 na carteira de Sanidade despois da aprobación da lei do aborto no ano 2010, xa que a norma obrigaba ao Goberno a aumentar a oferta subvencionada de anticonceptivos para facilitar ás mulleres o seu control de natalidade e evitar embarazos non desexados.